ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_58435
O artista coruñés Pepe Galán leva desde os anos 70 vinculado o mundo da arte galega. Recoñecido popularmente polas súas esculturas e intervencións, cando se lle pregunta, prefire ser considerado como un "artista multidisciplinar" máis que cinguirse a unha única etiqueta como a de "pintor" ou "escultor".
Indo polas rúas da casa ao taller e do taller á casa, desprázome co ritmo de liturxia aprendida sobre o empedrado e o formigón... onde case sempre atopo algún dato, algunha novidade... Chega a ser unha relación familiar coa veciñanza e a cidade. Pola mañá gozo da paisaxe urbana mais non podo evitar ser crítico co deseño do espazo común. E cativo, e non educa. Con pouco pódese facer a vida diaria da cidadanía mais agradábel, que menos! Un carballo, un bidueiro… Vou ollando mentres os meus pasos me levan polo centro da calzada para ter boa perspectiva, ou pola beirarrúa onde sei das peores pingueiras. Reparo na pegada impresa no chan dunha folla de carballo, que é unha paisaxe en si mesma, ou na sombra retallada das arbores espidas nas paredes. Observo e controlo como van as obras na vía pública. En cada xornada miro con esperanza de ver algún signo que me faga pensar, aí vai un carballo, un bidueiro… Normalmente o resultado é desilusiónante. Penso que as autoridades do ramo, teñen alerxia á vexetación… De volta poño o automático e a cabeza vai ao seu, constrúe e modifica as esculturas nun virtual 3D. Son esas a medio facer que fican baixo chave, durmindo na soidade do obradoiro, inmóbiles, ou iso creo… As veces penso nas pezas soas dunha sala de exposicións coma mortos nun tanatorio… Deberían ter a luz acesa, ser visitadas de noite… precisan ser observadas. Boto un ollo polo burato Hai pouco, en Monte Alto, o barrio en que nacín (como o tango), de súpeto, atopei un anaco de espazo-tempo da miña infancia. Boto un ollo polo burato que deixou una pedra no cristal, ipso facto teletransporteime a segunda metade dos 60.Si, alí estaba eu, debuxando con Xaime e Gilberto nunha mesa grande para tres. Non era a miña clase habitual, mais foi como un 'apartheid positivo', seguramente por ser malos estudantes (polo menos eu) ou para facer prácticas de debuxo (dábasenos ben) con motivo dalgún exame. Gilberto e mais eu estudabamos no Centro, non así Xaime, que chegou por sorpresa, posibelmente collido por unha orella. E tal como veu, así se foi... Aquel apartheid durou nada, logo cadaquen ao seu… Un dos profesores, o que nos confinou, chamábase Don Pedro, que algunha vez, por baixa, fora substituído por unha moza chamada Ánxeles Penas. O colexio era un tanto peculiar para un barrio obreiro, boas instalacións con certa modernidade. No recreo dábannos unha garrafiña de leite Leyma (plus alimenticio ao estilo da época). Nunca vira ese tamaño cativo e ,certamente, a media mañá, prestaba… Un gran templo no máis alto de Monte Alto Don José mandaba! A Caixa de Aforros era quen subvencionaba a escola… Porqué este apoio social? O párroco Don José era conselleiro desa entidade. Co tempo chegou a construír un gran templo no máis alto de Monte Alto. Don José mandaba! Como senón ía vir confirmar o Cardeal Quiroga Palacios nesta igrexa de barrio situada preto da Torre de Hércules? Anos máis tarde chegou Don José, como cliente que era, á xastrería da miña familia e sen moito rodeo propúxome facer un mural. Na miña cabeza xa estaba instalada a abstracción pictórica… Pero falando de ti a ti co párroco, permitinme rexeitar a oferta, púxenme farruco, entrando nunha conversa na que con certa vehemencia, cuestionaba a relixión que el representaba e a idea preconcibida que eu tiña dun mural relixioso… Hoxe non a rexeitaría sen reflexionar, porque todo é interpretábel desde a perspectiva artística… Xa se sabe: "xente nova e leña verde todo e fume". O Santuario de Aránzazu, é un excelente exemplo do que falo. O cura obreiro Hai poucos anos a través dun amigo arquitecto, souben que ao párroco lle chamaban "o cura obreiro". Por que?, preguntei. Porque era quen de arremangarse e botar unha man na construción do novo templo de barrio. Con Xaime Cabanas, grande artista plástico, compartín moitas historias, xa non fica entre nós. A Gilberto non volvín a velo. Don Pedro finou hai anos. Con Ánxeles Penas, magnífica poeta e artista plástica en activo, comparto amizade e admiración polo seu saber.
NOS_47832
Jasper é o nome artístico co que se coñece Pablo Carracedo (A Estrada, 1979), a alma mater da banda de rock metal Nao. O grupo, todo un emblema da música galega, anunciou a súa despedida. Unha viaxe que comeza o día 5 de decembro na Sala Capitol e que levará a Gus, Torroncho, Amós e Jasper por toda Galiza até o 7 de decembro de 2019, data en que por última vez actuarán xuntos como Nao. Eis un extracto da conversa publicada no número 324 de Sermos Galiza.
Por que remata Nao cando é unha das bandas máis representativas do panorama musical galego? Houbo un momento en que Nao viu o seu soño cumprido e viu cumprido o obxectivo de termos unha banda que cantase na lingua propia, que transmitise unha mensaxe como a que transmitimos e que fixese un estilo de música que cinco anos atrás non estaba nos festivais. De súpeto, vimos que eramos cabeza de cartel deses festivais, que medios de comunicación cunha liña editorial totalmente oposta á nosa ideoloxía nos deron cobertura, que eramos capaces de encher salas… Vimos a meta alcanzada e entrounos algo de medo porque sabiamos que non ía ser posíbel mantelo no tempo. Ter unha banda como Nao supón moito sacrificio persoal e ese esforzo non podiamos mantelo moitos máis anos. Non queriamos que iso se fose desgastando no tempo. Visto o soño cumprido e no momento máis álxido, decidimos anunciar o fin, pero ao noso xeito. Non foi simplemente "paramos", foi darlle un final ao grande e o Apocalipse [o documentario sobre a banda que comezaron a gravar en 2015] permitiunos facer iso. Pensabamos en 2015 que Nao tocara o seu teito pero non foi así. Co Apocalipse, Nao seguiu medrando e practicamente a día de hoxe nos segue o duplo das persoas que nos seguían naquel 2015. Prevés iniciar un outro proxecto, ben colectivo, ben en solitario? Agora estou centrado no Apocalipse, que é moito traballo e no salto cualitativo e cuantitativo desta última xira. Un salto que se verá reflectido o 5 de decembro na Sala Capitol [Compostela] cun concerto novo, moi longo, onde repasamos a discografía, facemos unha escenografía distinta, con colaboracións… Estou centrado niso e non teño pensado ningún proxecto, mais obviamente a música non penso deixala nunca. O outro día preguntábanme as miñas fillas: "É o derradeiro disco que vas gravar?" e díxenlles que era o derradeiro con Nao. Pregunteilles se querían que deixase a música e responderon que non. Algo faremos e imaxino que case todos, mais Nao como conxunto non. De todos os xeitos, Nao non se disolve. Nao deixa de tocar, pero o que construímos con Nao non imos desfacelo nunca. É unha amizade, o vínculo coa xente… Nao vai seguir vivo no recordo. E por que non reiventarvos? Nao foi evolucionando continuamente, e tocando paus musicalmente moito máis abertos e moi diversos porque entendemos que a música é un concepto moi amplo. Aínda que somos unha banda que se define como metal, fixemos un disco como foi o de Crear, con estilos que van desde o folc americano até o rock, o pop… e este último disco é máis cañeiro. Nao reinventouse continuamente. E non, non pensamos darlle outra forma. Como está concibido Nao agora mesmo é perfecto. Chama a atención que o derradeiro disco chegue, precisamente, no momento máis alto de Nao. Puxemos a vista no futuro. Ao mellor pecamos de previsores, mais xa somos xente madura e sabemos como funciona isto. Xa tivemos outras bandas e as bandas desfanse porque acaban levándose mal ou porque non cumpren as expectativas que se marcaron. Nós neste caso non, cumprimos o soño. Como prefires deixalo, dentro de tres anos despois dunha pelexa no local de ensaio ou despois de ver que defraudas o público –que agora mesmo ten devoción cara a ti– ou cando estás no máis alto? Como prefires morrer? Estando arriba, sendo un cadáver novo e bonito e sen desgastarse nin ter pelexas internas. [Podes ler a entrevista íntegra no número 324 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_22435
O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG denunciou as "dificultades" dos maiores de 80 anos para acudir aos vacinódromos.
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez (PP), criticou esta segunda feira a "mala planificación" do Servizo Galego de Saúde (Sergas) na vacinación a maiores, ao non permitir que se lles inocule a cuarta dose nos centros de saúde de cada concello na primeira chamada, tendo que desprazarse ao hospital de Monforte, a case unha hora de distancia de varias parroquias. Álvarez sinalou que, aínda que o seu municipio ten "un cobertura sanitaria envexábel", cun "PAC extraordinario e un persoal igualmente extraordinario", "Quiroga non é só Quiroga, senón que dá cobertura a outros concellos como son Ribas do Sil e tamén Folgoso do Courel", que son "municipios de montañ". Pontón solicita que os maiores de 80 anos sexan vacinados nos centros de saúde "No medio rural temos unha serie de dificultades engadidas, non temos transporte urbano e por iso fáltanos algo que nos impide acceder a uns servizos tan elementais como son as vacinas", lamentou o rexedor do PP, "sobre todo se se fai con 'un veña vostede cando lle toque' ou 'xa veremos se pode recorrer á repesca'", criticou. O alcalde de Quiroga detallou que "as persoas da terceira idade que teñen esas limitacións físicas inherentes á propia idade, que viven no medio rural teñen que queixarse porque queren calidade de vida e esa calidade de vida dálla a saúde". Denuncian "sobrecarga" no ambulatorio vigués de Coia: "O Sergas contratou unha enfermeira para facer o traballo de catro" "Evidentemente, este é un fallo de mala planificación", sentenciou, para despois afirmar que el é "un altofalante" das queixas da veciñanza de Quiroga, da que "máis de 50% dos veciños son da terceira idade". Protestas polos desprazamentos A pasada semana, o colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG denunciou as "dificultades" dos maiores de 80 anos que están a ser convocados para a dose de reforzo da vacina contra a Covid-19 para acudiren aos centros de vacinación, os coñecidos como 'vacinódromos'. Maiores de 80 anos protestan polos 'vacinódromos': "Temos que desprazarnos varios quilómetros" Segundo remarcaban nun comunicado, trátase de persoas que, na súa maioría, xa non conducen, e ás que lles supón tamén "un trastorno enorme" trasladarse desde os seus lugares de residencia aos hospitais de referencia. Como exemplo, sinalaban que as persoas chamadas a vacinarse que viven do outro lado da ría de Vigo "teñen que coller primeiro un barco e despois un taxi para chegaren ao hospital", algo que cualifican de "despropósito". E engadían que, co inverno xa próximo, "non é de recibo facer que as persoas maiores que veñen do rural teñan que percorrer 30, 40 ou 50 quilómetros, facer colas de pé, ao frío e quizais baixo a choiva".
NOS_54961
Por primeira vez na historia da competición dous equipos galegos enfrontaranse na última rolda
Xornada histórica para o fútbol sala galego. Por primeira vez dous equipos do país enfrontaranse na final da Copa da Raíña -que poderá verse o domingo ás 12 horas a través de Teledeporte- logo de que Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar eliminasen nas semifinais Alcorcón (5-3) e Universidade de Alacante (1-0), respectivamente. A primeira das escuadras da Galiza en clasificarse para a finalísima, que terá representación galega por sexto ano consecutivo, foi a da Mariña, vixente campioa, que superou con relativa comodidade un Alcorcón que nunca tivo opcións. O conxunto de Julio Delgado optou por unha estratexia en media pista para dar máis protagonismo ao rival nunha cita na que as transicións e o acerto de cara ao gol foron chave para lograr unha vantaxe de 4-1 xa no minuto 11, sucedida despois por un gran traballo de cobertura en defensa. Logo do descanso as laranxas souberon como xestionar ben os seus intereses para que non xurdisen complicacións no electrónico. Ademais, no minuto 24 o Pescados Rubén aumentaría a distancia grazas a unha perda de balón alfareira que aproveitaron Cilene, Cris e Leti para elaborar unha xogada definida por Cortés. Porén, as madrileñas non baixaron os brazos a pesar da insalvábel distancia, e a galega Vane Sotelo acurtou distancias cun golazo pola escuadra no minuto 30 e, finalmente, a falta de 49 segundos para o final chegou o definitivo 5-3 de Clau López. Vitoria dramática do Poio A clasificación do Poio Pescamar foi practicamente antitética á do Pescados Rubén Burela. No que nas da Mariña foi case un camiño de rosas desde o primeiro minuto de partido, no caso do conxunto pontevedrés foi toda unha agonía que se estendeu alén do tempo regulamentario, pois fíxose necesaria a disputa de dúas prórrogas para dilucidar quen xogaría a final. Nun choque de auténtico infarto, no inicio do mesmo ambos os equipos saíron en busca do gol de modo fulgurante, até que as galegas conseguiron facerse co control do balón, nun dominio un tanto estático que non se traduciu en ocasións de gol. Na segunda metade Luci -Poio- e Elenita -Alacante- tiveron senllas oportunidades para romper o empate, que estivo preto de desfacerse varias veces en favor das españolas, pero a sorte sorriu a un Poio que na segunda prórroga de tres minutos conseguía anotar, por fin, grazas a un potente disparo de Ana Rivera.
NOS_20687
Concelleir@s do BNG votan no pleno municipal con sobres na man como protesta polos sobresoldos na cúpula do PP. A moción do grupo popular coruñés para retirar o título de fillo predilecto a Méndez, contou co apoio do BNG e EU e a abstención do PSOE xa que contemplaba a dimisión d@s concelleir@s Mar Barcón e Fernández Moreda, ex-membros do Consello de Administración de Caixa Galicia.
O pleno desenvolvido esta segunda feira na cidade da Coruña deixou máis dunha estampa. @s concelleir@s do Bloque emitiron seus votos portando sobres en sinal de protesta polo caso de corrupción destapado as pasadas semanas na cúpula do Partido Popular. Pola súa banda, o rexedor coruñés, Carlos Negreira, tomba unha proposta d@s nacionalistas e veta o debate sobre o peche da Biblioteca de Monte Alto. No entanto, o PP presentou unha moción para a retirada do título de fillo predilecto a José Luís Méndez, ex-presidente de CaixaGaliza. O PP rexeita debater o mantemento da Biblioteca de Monte Alto Un exemplar d'Os libros arden mal contra o peche da biblioteca municipal Monte Alto encheuse de protestas nos últimos días para demandar o mantemento da biblioteca municipal nun dos barrios máis emblemáticos da cidade. Numerosas asociacións e colectivos sociais opuxéronse ao peche dun espazo nado en 1986 a partir dun Convenio asinado entre o Concello e a asociación veciñal que na actualidade ofrece múltiples servizos para alén da propia lectura. Neste senso, o grupo municipal do BNG presentou unha proposta encamiñada a procurar o voto favorábel da corporación municipal a prol do mantemento da Biblioteca así como a garantía de que as asociacións veciñas posuirían unha "participación real e efectiva" naqueles asuntos que lles atinxen aos barrios. Porén, o Partido Popular a través do alcalde, vén de impedir o debate mesmo da moción. A actitude do rexedor coruñés foi retrucada polo voceiro nacionalista, Xan Manuel Carril quen agasallou a Negreira cun exemplar da obra Os libros arden mal de Manuel Rivas ambientada na queima masiva de libros por parte do exército fascista no golpe de Estado do '36. Populares a favor da retirada do título a Méndez Negreira a favor da retirada do título de fillo predilecto a Méndez José Luís Méndez foi un dos responsábeis do desmantelamento do sector financeiro galego. Envolvido nas millonarias indemnizacións após a súa saída da entidade financeira, o ex-presidente de CaixaGaliza percibiu 11,5 millóns de euros que se negou a devolver. O Concello da Coruña aprobou a retirada do título de fillo predilecto a Méndez, a instancias dunha moción presentada polo PP, que previamente tombara unha do BNG dirixida ao mesmo obxectivo. A iniciativa do PP foi apoiada polo BNG e EU mais non polo PSOE xa que reclamaba a dimisión dos concelleiros socialistas Mar Barcón e Fernández Moreda, ex-membros do Consello de Administración de Caixa Galicia.
PRAZA_6988
Os xornais da Mariña luguesa difundiron hai dúas semanas unha ampla información acerca dun feito histórico sen parangón: a compra da antiga Baleeira de Morás polo módico prezo de UN EURO. O vendedor resultaba ser Alcoa e os compradores nós, o pobo, a través do Concello de Xove.
Os xornais da Mariña luguesa difundiron hai dúas semanas unha ampla información acerca dun feito histórico sen parangón: a compra da antiga Baleeira de Morás polo módico prezo de UN EURO. O vendedor resultaba ser Alcoa e os compradores nós, o pobo, a través do Concello de Xove. Os xornais da Mariña luguesa difundiron hai dúas semanas unha ampla información acerca dun feito histórico sen parangón: a compra da antiga Baleeira de Morás polo módico prezo de UN EURO Imaxinemos que con este ben inmoble en desuso (do que tanto lle custou desfacerse á multinacional do alumino á vista do elevado prezo da transacción) a Administración municipal tivera pensado xestionar a creación do Conxunto Etnográfico da Baleeira de Morás. Imaxinemos por un intre que desde o Concello trataran de conservar, cando menos, a rampla de remonte das baleas. Asemade, botémoslle imaxinación tamén a que na proposta oficial para proceder á recuperación da zona como área etnográfica, os paneis informativos amosaran datos de interese xeral sobre este mamífero mariño como: O xeito no que as baleas eran subidas a terra cuns ganchos espetados no lombo do cetáceo. Ou a maneira na que os homes, calzados cuns zocos especiais con cravos, realizaban o esfolado e despece do animal. Tras o que procedían a separar o magro da graxa, recortando grandes anacos para levalos a fundir. E, finalmente, pasaban a carne do mamífero a unhas mesas altas ou mostradores onde as mulleres a triscaban e a envolvían cunha rede. Por último, conxelaban a carne e agardaban a chegada dos camións que transportaban a produción até Vigo, para a súa distribución desde o porto. Continuade imaxinando que desde o Goberno municipal se fora promover a colaboración da veciñanza que traballou na súa mocidade na industria baleeira. Todo isto co obxectivo de facelos partícipes da creación do Conxunto Etnográfico da Baleeira de Morás a través da recompilación das súas proveitosas lembranzas. A única idea que o Goberno local ten para a recuperación da zona é a creación dun "espazo verde" e un "parque" Xa podedes deixar de imaxinar. A única idea que o Goberno local ten para a recuperación da zona é a creación dun "espazo verde" e un "parque". E obvia falarmos da escuridade do acordo legal asinado con Alcoa, onde nun dos tres puntos dese contrato privado o comprador queda obrigado ao que segue: O Concello de Xove manifesta que coñece o uso que a empresa IBSA (Industrias Balleneras S.A.) e posteriormente Alúmina Española y Aluminio Español teñen dado a tales edificios e terreos, renunciando expresamente a reclamar a ditas empresas por contaminación de solos ou análogos, comprometéndose a indemnizar á parte vendedora por calquera gasto en que puidera incorrer derivado destes conceptos. O Concello de Xove renuncia expresamente a reclamar a ditas empresas por contaminación de solos ou análogos Tras a sinatura deste cheque en branco, sabendo que ninguén dá pesos a catro pesetas e que o prezo de compravenda foi fixado en UN EURO, o que nos queda claro é que "a parte contratante da primeira parte será considerada como a parte contratante da primeira parte". Non si?
NOS_3725
O editor e presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado é o novo presidente de Culturgal, a Feira das Industrias culturais que se celebrará do 5 ao 7 de decembro.Entrada a baixo prezo, espazo para a gastronomía, novos patrocinios e máis actividades para profesionais serán algunhas das novidades.
O editor Manuel Bragado é o novo presidente dun Culturgal que comeza a prepararse con importantes novidades como novos patrocinios -en especial do ámbito empresarial-, máis profesionais e un espazo dedicado á gastronomía. Nunha entrevista, publicada no semanario Sermos Galiza xusto despois da celebración da anterior edición da Feira, Bragado definía Culturgal como "unha illa fabulosa na que cada vez a biodiversidade é maior e para o sector editorial supón unha inxección de ánimo, autoestima e confianza no futuro". De pago mais con baixo prezo Como nas anteriores edicións, a sétima Feira das Industrias Culturais desenvolverase no Pazo de Cultura de Pontevedra do 5 ao 7 de decembro. Novidade deste ano será o pagamento obrigatorio dunha entrada de baixo custe, 2 euros para maiores, 1 para público infantil, ademais dun bono de 4 euros, no camiño da "corresponsabilidade" inaugurado na pasada edición cunha entrada voluntaria. Polo demais, a feira, que convocou en decembro do 2013 a máis de 14.000 persoas ofrecerá novos espazos temáticos, unha maior participación profesional e máis patrocinios. Por vez primeira, a gastronomía terá un espazo específico reservado con novidades literarias, musicais e das artes escénicas relacionadas co mundo da cociña. Para o 2014, o Culturgal buscará ampliar aínda máis o número de oitenta e unha entidades expositoras que participaron na anterior edición e, alén de ser escaparate do novo xeito de operar das industrias culturais, ser tamén escenario de estreas e novos proxectos. Estreitar vínculos con asociacións de profesionais dos distintos ámbitos da cultura será tamén un dos camiños nos que afondará Culturgal de cara a súa próxima edición, cun especial fincapé na creación de espazos de encontro de profesionais e axentes que participan na actividade cultural.
NOS_5588
A multinacional non asistiu á xuntanza convocada polo Goberno español.
Alcoa non asistiu á mesa multilateral convocada polo Goberno español na tarde desta cuarta feira para tentar desbloquear a situación despois de que a multinacional non chegase a acordo co comité unha vez finalizado o período de consultas do ERE. Unha vez terminado o encontro -que se realizou de forma telemática -, nun comunicado conxunto, Ministerio de Industria, Xunta e sindicatos CIG, CCOO e UXT mostraron "o seu compromiso de seguir traballando desde a unidade para lograr que o proceso de compravenda da planta de Alcoa San Cibrao teña as certezas necesarias para que dita operación sexa efectiva". O comité de Alcoa defende unha prórroga do período de consultas de 6 semanas "Todas as partes entenden que esta é a mellor maneira de garantir tanto o mantemento da actividade industrial como dos postos de traballo na comarca da Mariña", aseguran no escrito. Así mesmo, Ministerio, Xunta e sindicatos mostran "de maneira conxunta o seu apoio ao comité de empresa". Despois dunhas 30 horas de reunión –terza e cuarta feira-- entre a dirección de Alcoa e comité non se alcanzou un acordo tendo en conta que esta cuarta feira expirou o prazo de negociación do despedimento colectivo de 534 empregados da planta de aluminio da Mariña. Comité e Alcoa citáronse de novo hoxe --a partir das 10,00 horas en Lugo-- sen que se asinasen aínda as actas finais de consultas do ERE. A multinacional estadounidense insiste en parar as cubas e no despedimento, mentres os traballadores piden que atenda a oferta de Liberty House para facerse co complexo da Mariña. Mentres, a Xunta avisou a multinacional de que pode incorrer en fraude de lei se non desiste do ERE e senta a negociar co socio industrial.
PRAZA_7054
Os estudos máis recentes alertan de que "unha proporción moi importante" da poboación que rexeita as agresións físicas de xénero aceptan, en maior ou menor medida, outras formas de maltrato como o control da parella. A Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos feministas animan á mobilización neste 25-N para "despatriarcalizar" a sociedade.
"Na súa opinión, a violencia exercida por un home cara á súa muller ou ex muller, parella ou ex parella, é algo inevitable que sempre existiu, aceptable nalgunhas circunstancias ou totalmente inaceptable?". É a pregunta que formulou o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) nun dos estudos máis recentes do Estado a respecto da percepción social da violencia de xénero, elaborado a finais de 2012 e publicado neste 2014. A pregunta recolle explícita e intencionadamente o termo violencia por estar "socialmente sobrecargado de connotacións negativas" e "inducir a unha resposta de rexeitamento". Pero, que acontece cando o termo que no imaxinario colectivo remite ás agresións físicas desaparece da pregunta? Que a violencia machista invisible, a que non implica unha acción física directa por parte do maltratador, é aínda máis tolerada socialmente do que podería pensarse. A pregunta explícita sobre "violencia" ten unha resposta de rexeitamento practicamente total. O 92% tanto de homes como de mulleres cren "totalmente inaceptable" a violencia do home cara á muller no seo da parella. Mentres, un 5% dos homes e un 6% das mulleres atribúen as agresións a razóns culturais ou doutro tipo -"é algo inevitable que sempre existiu- e un residual 2% de homes e 1% das mulleres consideran a violencia machista "aceptable nalgunhas circunstancias". Así e todo, advirte o propio estudo, "non todas as persoas entrevistasdas identifican os distintos comportamentos de maltrato coa violencia". Neste contexto, o inquérito pasa a preguntar, xusto a continuación, "por distintos tipos de comportamentos propios dos malos tratos" sen apelar abertamente á violencia. O grupo autor do estudo formuloulles ás persoas enquisadas "algunhas situacións e comportamentos que poden producirse nas relacións de parella entre homes e mulleres", convidándoas a "dicir se os considera algo inevitable, aceptable nalgunhas circunstancias ou totalmente inaceptable". Así, tiveron que tomar posición a respecto de comportamentos como "empurrar e/ou golpear cando se enfadan", "obrigar a manter relacións sexuais" ou "insultar e desprezar", pero tamén sobre "non permitir que a parella traballe ou estude", "ameazar", desprezar ante os fillos e fillas, "dicir cousas que pode ou non facer", "controlar os seus horarios" ou "manter constantes liortas". "Unha parte importante da poboación non asocia o maltrato psicolóxico e o control" coa violencia machista Este segundo grupo de actitudes é, para os autores, o máis revelador. Mentres que o rexeitamento á violencia física é absolutamente maioritario "algo máis dun terzo da poboación" se amosa "tolerante con algunha forma de maltrato", do que cabe deducir que "unha parte importante da poboación non asocia o maltrato psicolóxico e o control coa violencia de xénero". Isto sucede nun panorama no que "unha elevada proporción de persoas que, dalgún xeito", consideran "aceptable" manter "liortas constantes" ou berrarlles aos fillos e fillas. Son, sinalan, circunstancias que revelan que "unha parte importante" da poboación do Estado ten "unha concepción moi conflitiva das relacións de parella e familiares, que en non poucos casos constitúe a antesala da tolerancia cara a outras formas de maltrato". Con estes datos sobre a mesa os autores do estudo conclúen que, aínda que as persoas que "se amosan tolerantes coa violencia de xénero tenden a facelo tamén en maior medida cos distintos tipos de maltrato", existe unha "proporción moi importante" das persoas que rexeitan abertamente a violencia machista que "aceptan, por exemplo, a violencia de control", un 29%, ou "unha mala relación de parella na que haxa liortas constantes". "Mesmo se se exclúen as posicións sobre as discusións constantes de parella e de berrarlles aos fillos e fillas, un de cada tres amósase tolerante con algunhas das formas máis graves de maltrato, principalmente coa violencia de control, pero mesmo un 1% coa violencia física ou sexual", alertan.
NOS_45284
"Queremos mostrar o orgullo do noso baile e música, que non é pasado, é presente", afirmou Ana Pontón, quen acusou á Xunta de "non facer os deberes tampouco nesta materia".
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, avanzou que o seu grupo parlamentario defenderá no Pazo do Hórreo unha iniciativa para que se declare ben de interese cultural (BIC) inmaterial a música, canto e baile tradicional galego. Aliás, reclamará a creación dun observatorio para avaliar o estado de conservación de todas estas expresións artísticas. Mónica Fernández: "As nosas tradicións forman parte da nosa riqueza cultural e o noso deber é conservalas" Acompañada de cargos locais e deputados nacionalistas no Parlamento galego, Pontón manifestou que o baile galego "é dos máis ricos, non só na península, senón a nivel internacional". "Ten un valor enorme na súa música, coreografías e segue sendo unha cultura viva", manifestou, nun emprazamento, Patio de Nais, en que tamén tivo lugar unha pequena representación musical a ritmo de gaita e con baile tradicional. Máis de 30.000 alumnos en escolas tradicionais A líder nacionalista remarcou que actualmente máis de 30.000 alumnos nas escolas tradicionais, ao redor de mil profesores e, en conxunto, representa un movemento económico de case 6 millóns de euros. "Son cifras que quizais sorprenden, pero demostran a viveza e riqueza do noso baile tradicional e tamén que a xente nova segue querendo manter unha tradición", apuntou, porque "entender cales son as nosas raíces, é clave para afrontar con decisión o futuro". Folla de ruta para reflotar a música e o baile tradicional após a pandemia A líder do BNG salientou que o baile e a música "son unha riqueza que hai que protexer e divulgar". Respecto diso, lamentou que "hai dez anos" que se anunciou a incoación dun expediente para que a cultura tradicional fose BIC, algo que non se puxo en marcha até 2018 por iniciativa social, e que a Xunta acabou desestimando en 2020. Ademais, lamentou que o Goberno galego anunciase que se retomaría pero non se recolleu o traballo feito polas entidades sociais. Constitución dun observatorio Por este motivo é polo que, ademais de impulsar a declaración BIC, o BNG solicitará a constitución dun observatorio para avaliar a conservación e preservar toda a documentación e o traballo ao "longo e ancho deste país". "Queremos mostrar o orgullo do noso baile e música, que non é pasado, é presente", afirmou Pontón, quen acusou á Xunta de "non facer os deberes tampouco nesta materia". O baile e a música tradicional deben ser declarados BIC "É importante que este BIC poida saír adiante, moitas culturas teñen recoñecido esta cultura e non entendemos por que Galicia ten que ser menos", aseverou a portavoz nacional do BNG, que observou unha "falta de vontade política" por parte do Goberno galego.
NOS_14398
A área pública da CIG realizou concentracións nesta quinta feira diante da Delegación do Goberno na Coruña e nas Subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense en demanda da retirada da reforma que o Ministerio de Función Pública quere introducir no Estatuto Básico do Empregado Público. Desde a CUT anuncian unha folga xeral mentres fontes de CCOO e UXT aseguran que continuarán as negociacións.
A modificación do Estatuto Básico do Empregado Público que está a levar a cabo o Ministerio de Política Territorial está a levantar as suspicacias entre algunhas forzas sindicais galegas. Un dos motivos é a suspensión das reunións previstas na Mesa Xeral das Administracións Públicas na que participan a CIG, ELA, CCOO, CSIF e UXT. Outro tería relación co incumprimento das prazas comprometidas e non ofertadas. Contra o que denominan "secretismo" nesa negociación, a CIG promoveu esta quinta feira unha serie de concentracións diante da Delegación do Goberno na Coruña e das tres Subdelegacións de Lugo, Ourense e Pontevedra, nunha ofensiva do sindicato maioritario na Galiza para paralizar a reforma. Segundo a central nacionalista, citando datos do propio Goberno español de abril de 2021, houbo un total de 218.671 prazas autorizadas para incorporar en ofertas de emprego público. As ofertadas, pola contra, foron 154.483 prazas, un 30% menos das comprometidas. Como fin do proceso só se cubriron 56.236, o que implica que tan só un 25% das prazas anunciadas chegaron a se transformar en fixas no conxunto do Estado español no total dos sectores. Desde a central nacionalista piden a retirada desta reforma e propoñen, en primeiro lugar, a eliminación da taxa de reposición para que cada administración teña a posibilidade de redimensionar os seus cadros de persoal. Como segunda idea demandan procesos excepcionais para artellar solucións ao problema da temporalidade e desta maneira consolidar o emprego. Por último, están a favor dun réxime sancionador e reparador que actúe contra aquelas administracións que incumpran a norma. "O Ministerio pretende resolver o problema da temporalidade no emprego público pondo na rúa a todo o persoal temporal e interino, non o imos permitir", subliña Xabier Picón, voceiro da área pública da CIG. María Xosé Abuín, de CIG-Saúde, lembra a Nós Diario que "levamos desde 2010 coa medida ilóxica da taxa de reposición que provocou a temporalidade actual" coa imposibilidade "de repor o persoal que se xubilaba". En relación á actual reforma, critica que se propoña que, "para eliminar as contratacións de longa duración aos tres anos, se non son fixas, o persoal sería cesado e, nun ano, non se podería convocar esa praza". Con esa medida, no seu sector, "reduciríase a prestación sanitaria por falta de persoal". A área pública da CIG anuncia que continuará co calendario de mobilizacións a vindeira segunda feira 28 de xuño, cunha concentración diante do edificio da Xunta en San Caetano. Convocatoria de folga xeral da CUT o 18 de xuño Andrea Estévez, responsábel da coordinadora da Función Pública da CUT, cre que a EBEP "non solucionaría o problema actual" e introduce "unha limitación dos contratos temporais" que sería "imposíbel de realizar" cando "non existe relación de postos de traballo en moitos centros públicos". En declaracións a Nós Diario asegura que será "o traballador precarizado quen asuma de novo esta situación". Este sindicato ten convocada unha folga xeral en todos os sectores públicos para o vindeiro 18 de xuño conxuntamente, a nivel estatal, coa Confederación Intersindical, Co.bas, Solidaridad Obrera, SAS, Intersindical Valenciana e Ista. CCOO e UXT avogan por "consensos amplos" Fontes de CCOO aseguran a Nós Diario que continúan as negociacións en Madrid xunto a UXT a nivel estatal "e non hai nada fechado polo de agora". Desminten as informacións "sobre a modificación xa que aínda non temos proposta concreta por parte do Ministerio". Nun comunicado avogan por "consensos amplos" na mesa estatal para alcanzar un novo acordo de emprego e retribucións e condicións de traballo que substitúa ao actual, que vence o 31 de decembro. Respecto diso, demandan "unha solución efectiva" para lograr estabilidade e reducir a temporalidade. Afirman que o texto tratado pola comisión de coordinación de emprego público, na que participan representantes do Ministerio de Política Territorial e Función Pública e das comunidades autónomas, sobre reforma do artigo 10 do estatuto básico do emprego público "non é unha proposta de negociación, non contempla medidas efectivas para dar estabilidade ao persoal de longa duración ou en fraude de lei nin resolve o problema de temporalidade". Así mesmo, piden reducir e eliminar a alta taxa de temporalidade mediante a eliminación da taxa de reposición e convocatoria e resolución periódica das ofertas públicas de emprego.
NOS_17715
Algunhas poetas rebélanse contra o canon. Foxen da corrente dominante e, aos poucos, constrúen territorios de seu. Foi este o caso de Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2004) a respecto da poesía da Xeración dos 80. Deféndeo a profesora, crítica e antóloga María Xesús Nogueira (A Estrada, 1968) na Introdución á Poesía reunida (1982-2004) (Xerais, 2018) de Arias. Eis un extracto da entrevista publicada no número 335 do semanario Sermos Galiza.
Por que reunir a poesía de Xela Arias? O principal motivo é que a poesía de Xela non estaba accesíbel. Atopábase descatalogada e só se podía consultar en bibliotecas. Por unha banda, hai un interese en reivindicar a figura de Xela Arias por parte de poetas e de críticos. Pola outra, está o tema do propio ensino: fálase de Xela como dunha voz importante nos 80, 90, mais logo damos co paradoxo de que non se pode ler fóra de bibliotecas ou de coleccións particulares. Reunir a súa poesía parecía unha tarefa urxente e necesaria. Despois, o proxecto foise ampliando e incorporou unha serie de textos que non pertencían a eses libros, que eran simultáneos, anteriores ou posteriores, obra dispersa. E así se conformou o traballo, pouco a pouco. A obra de Arias ten o recoñecemento crítico que, ao seu ver, merece? Diría que si e diría que non. Diría que é unha poeta por unha banda icónica, un pouco comparábel, salvando todas as distancias, ao caso de Lois Pereiro, unha poeta de culto... Hai certos paralelismos entre eles. Si, si, creo que hai paralelismos importantes. Pero non me atrevería a dicir que ten o recoñecemento do conxunto da crítica. E desde logo non me parece que estea asimilada por esoutra crítica académica con máis incidencia se cadra na conformación do canon. E é lida polas novas poetas, polos novos poetas? Agardo que si. E agardo que a lean sobre todo a partir de agora. Teño a impresión de que é moitas veces reivindicada, citada polas voces máis novas nos seus recitais. Pero creo que o feito de que non estivese accesíbel estaba dalgunha maneira limitando a súa pegada e a súa recepción. A poesía de Xela Arias resulta singular a respecto da dos seus contemporáneos. Polo menos a respecto da obra daqueles que acabaron protagonizando o canon, a corrente central. Si, eu creo que se afasta moito da corrente central. O seu primeiro libro, Denuncia do equilibrio, é de 1986. No 86 distanciábase das correntes e dos modos daquilo no que pensamos se pensamos na poesía dominante nos 80. Non é unha poesía tan culturalista, aínda que tamén o é. Paréceme moi significativo que en Denuncia do equilibrio haxa diálogo con algúns nomes escollidos, pero o procedemento de cita é a xeito de colaxe, integrando esas citas de Rilke, de Cirlot, no propio texto. Pero non usa ese sistema tan reiterado nos 80 que era a cita clásica na cabeceira do poema. A súa intertextualidade é máis escollida, a súa carga retórica moito máis lixeira, e ten algo que hai moi pouco neses 80 canónicos: a ruptura da linguaxe, a vocación de experimentación. Niso creo que é no que máis se distancia. [Podes ler a entrevista íntegra no número 335 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_22362
«Hai persoeiros en que a vida é tan importante como a súa obra. Acontece, para min, con Castelao. Noutros, como Losada Diéguez, fundamental para a estrutura da Xeración Nós a vida é mesmo máis importante que a obra. Este é tamén, sen dúbida, o caso de Ben-Cho-Shey. Eu quero chamar a atención sobre a importancia da súa vida». Velaí, a xeito de síntese, a tarefa central que se marcou Francisco López-Barxas (Padrenda, 1952) no seu libro Ben-Cho-Shey inédito (Auga Editora e Deputación de Ourense, 2019), un volume que tamén pretende ser unha operación de rescate.
Ben-Cho-Shey, de nome real Xosé Ramón Fernández-Oxea, finou en Madrid hai 31 anos. Nacera en Ourense en 1896. A súa biografía responde a todas as paixóns daquel século: o intelectual galeguista que se mete en política, o desterrado que sobrevive no exilio interior pero non renuncia a certas intervencións públicas, o infatigábel activista cultural. Foi ademais o enlace entre a brillante promoción Nós e os seus epígonos, entende López-Barxas en declaracións a Nós Diario, e autor sobre todo dunha obra de referencia, antropoloxía escrita por un non antropólogo, Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935) (Castrelos, 1968). De todos eses Ben-Cho-Shey trata o libro de López-Barxas, organizado en tres partes, arredor do home, arredor do escritor e arredor dos amigos. A primeira recolle a memoria do autor sobre a relación con quen fora presidente do Partido Galeguista de Lugo e a quen coñeceu en 1971. «Este traballo é, ao cabo, a débeda cun amigo, a crónica dunha amizade que xorde en Madrid e dura 17 anos, até a súa morte», di. No corazón de Ben-Cho-Shey titúlanse as páxinas en que reconstrúe, mesmo con diálogos, aqueles encontros. No apartado dedicado á obra aparecen numerosos textos descoñecidos, das cartas mallorquinas a relatos, de observacións sobre o teatro galego en Madrid a unha pescuda sobre as rúas desa cidade que levan nome de lugares da Galiza. «Ben-Cho-Shey escribía todo. Era un maniático da escrita. Se ía visitar o mosteiro de San Xerome de Yuste, en Estremadura, tomaba notas no catálogo. Se asistía aos touros en Ávila, acompañado de Camilo José Cela, apuntaba pola parte de atrás da entrada», lembra. Unha escolma gráfica de imaxes inéditas, presidida por unha caricatura a cargo de Álvaro Cebreiro igualmente nunca publicada, completa o capítulo. Correspondencia O terceiro dos tramos do libro compóñeno 70 cartas recibidas por Ben-Cho-Shey. Entre os correspondentes, a plana maior do galeguismo histórico da primeira metade do XX: Otero Pedrayo, Cuevillas, Manuel Beiras, Francisco del Riego, Carvalho Calero, Taboada Chivite, Xaquín Lorenzo, Pura Vázquez. «Estas cartas, que seleccionei das máis de 200 que me deixou Fernández-Oxea, non se atopan no legado depositado na Deputación de Ourense», asegura López-Barxas, para quen o maior pecado arredor de Fernández-Oxea é o seu «total esquecemento». «Eu creo que se debe a que estaba en Madrid [desde 1951, logo do seu desterro a Cáceres en plena Guerra Civil]», aventura, «e iso que alí realizou un inmenso labor cultural». Non só cultural. Ademais de se encargar de levar á censura os libros que ía editando Galaxia, o emprego da súa dona Isabel Algarra como funcionaria de xustiza permitiulle manter contacto con presos políticos, aos que facía chegar correspondencia. «Este papel de Ben-Cho-Shey é totalmente descoñecido e eu quería estimular o seu coñecemento, estimular outros Ben-Cho-Shey inéditos», engade. 31 anos do seu pasamento Francisco López-Barxas iniciou os traballos da obra en 2018. «Pasaran tres décadas da súa morte», indica. Agora xa 31 anos. Ao seu biógrafo amólao que nunca figure entre os candidatos ou candidatas ao Día das Letras Galegas, malia se tratar dun dos primeiros galardoados coa Medalla Castelao da Xunta. «Pero claro, se tivemos que agardar outros 30 por Carvalho Calero...», resígnase. En todo caso propón un ano, o 2021, para celebrar a vida e a obra do ourensán. Será o centenario do nacemento de Ben-Cho-Shey. Foi cando Xosé Ramón Fernández-Oxea comezou a asinar con ese pseudónimo as crónicas que remitía desde a Guerra do Rif. Publicounas o xornal La Zarpa, fundado polo crego agrarista Basilio Álvarez, e nelas denunciaba as penalidades do conflito e a problemática do mal equipado exército colonial do que facía parte.
PRAZA_3033
Boa parte dos acordos de investidura están condicionados á aprobación duns novos orzamentos xerais, pero hai decisións que xa contan con apoios suficientes e que o Congreso podería acelerar
Boa parte dos acordos de investidura están condicionados á aprobación duns novos orzamentos xerais, pero hai decisións que xa contan con apoios suficientes e que o Congreso podería acelerarBoa parte dos acordos de investidura acadados entre o PSOE e Unidas Podemos-Galicia en Común, por unha banda, e o BNG, por outra, están condicionados á posterior aprobación duns novos Orzamentos Xerais do Estado, prorrogados desde 2018, os últimos do PP. A incapacidade dos socialistas de obter apoios suficientes para aprobar os de 2019 provocou que Sánchez convocase as eleccións xerais e, malia obter agora apoio á súa investidura, as contas públicas requirirán de novas negociacións que nada garante que resulten exitosas. Porén, hai decisións, algunhas incluídas nos acordos de investidura, que poden comezar a materializarse no Congreso sen ter que agardar por uns novos orzamentos. Polo pronto, esta XIV Lexislatura estatal que comezou o 3 de decembro xa conta en pouco máis dun mes con 15 proposicións de lei presentadas para a súa tramitación no Congreso, entre elas dúas procedentes do Parlamento de Galicia, onde foron aprobadas por unanimidade: a que pide a transferencia a Galicia da xestión da AP-9 e a que reclama a "devolución íntegra" dos cartos perdidos pola cidadanía en participacións preferentes ou outros instrumentos similares das entidades bancarias. Tanto a transferencia da AP-9 como a devolución das preferentes contaron en Galicia co apoio de PP e PSOEAs dúas proposicións de lei están pendentes de que o Goberno responda ao Congreso se pon algún impedimento á súa tramitación, algo que no caso da AP-9 xa descartara na anterior lexislatura antes de que esta fose novamente disolta pola convocatoria das novas eleccións xerais. Ademais, o PSOE vén de asinar o seu compromiso coa transferencia "ao longo do ano 2020" no pacto asinado co BNG. Outra cousa serán as posibles rebaixas de peaxe tamén acordadas, que quedarán condicionadas á aprobación dos orzamentos do Estado. Canto á proposición de lei para a devolución das preferentes, é un texto que chegou ao Congreso co apoio unánime do Parlamento de Galicia, polo que se PSOE e PP manteñen a mesma postura en Madrid que en Santiago debería saír adiante.Vítimas de Angrois amosaron o seu malestar por que nin BNG nin Unidas Podemos tivesen en conta as súas reclamacións nos acordos de investiduraOutra decisión que quedou pendente cando as anteriores lexislaturas foron interrompidas polas convocatorias electorais é a de establecer unhas conclusións para a comisión de investigación política sobre o accidente de Angrois. Posta en marcha grazas ao acordo da maioría dos grupos agás o PP, as súas comparecencias remataron hai un ano pero non deu tempo a elaborar esas conclusións antes das eleccións. Malia que a cuestión non foi incluída nin no acordo de investidura do BNG nin no de Unidas Podemos -cuestión que causou malestar na plataforma de vítimas, que poñen o foco en que a súa prioridade é a investigación técnica reclamada pola UE-, tanto os nacionalistas como Galicia en Común apostaron nas sucesivas campañas por retomar os traballos onde quedaran. O Goberno tamén ten pendente de concretar unha reforma do regulamento da Lei de Costas para reducir os prazos das concesións no litoralAdemais destas cuestións que dependen do Congreso e que xa contan con iniciativas presentadas ou coa tramitación avanzada e con apoios maioritarios, hai outras decisións políticas con relevancia para Galicia que tampouco dependen da aprobación duns novos orzamentos estatais. Entre elas está a reforma do regulamento da Lei de Costas na que o Goberno leva meses traballando para reducir, pola vía dunha nova interpretación da lei, o tempo das concesións no litoral. Os socialistas queren que as prórrogas das concesións se conten desde a data da concesión orixinal en vez de sumarse a continuación, como fixo o Goberno de Rajoy ao ampliar os prazos de Ence. A reforma intentará deixar esa cuestión clara para o futuro, afectando a numerosas instalacións de todo tipo no litoral galego, mentres que o caso de Ence está pendente de dirimirse nos xulgados, onde os socialistas mudaron na pasada lexislatura a postura do Goberno de Rajoy agora veñen de ratificar no seu acordo co BNG que está "a favor do traslado da planta de Ence a outro enclave máis adecuado ambiental en Galiza, a través dunha fórmula que permita manter o emprego".A derrogación da reforma laboral ou reforzar a lei contra a violencia de xénero son outras decisións que o Congreso pode ir tomando sen agardar polos orzamentos, pero máis complexasNos acordos asinados con BNG e Unidas Podemos hai outras moitas decisións que o Goberno ou o Congreso pode ir tomando sen ter que agardar polos orzamentos do Estado, como derrogar a reforma laboral ou reforzar a lei de loita contra a violencia de xénero, pero ao igual que a reforma do regulamento da Lei de Costas son textos dunha maior extensión e complexidade que os anteditos sobre a AP-9 ou as preferentes ou que a decisión de elaborar as conclusións sobre Angrois.
NOS_41088
As 13 estampas da traizón son debuxo militante, arte de axitación e propaganda, comunicación esteticamente relevante a prol da II República en plena Guerra Civil. O álbum gráfico de Luís Seoane (Bos Aires, 1910-A Coruña, 1979) poderase ver nunha mostra que este 11 de setembro ás oito do serán se inaugura no salón do Artesoado do Pazo de Fonseca de Compostela.
A exposición, organizada pola Fundación Luís Seoane e a Universidade de Santiago de Compostela, explica esta "contribución á campaña de propaganda de guerra levada a cabo pola II República, dirixida cara ao exterior". E non queda apenas nos deseños de Seoane: amosa ademais a participación dodoutras artistas galegas daquela exiliadas na Arxentina, como era o caso de Castelao ou Maruja Mallo. "Esta exposición axuda a visibilizar e recuperar a nosa silenciada memoria histórica, neste caso referida á Guerra Civil de 1936", explica a asociación cultural O Galo, que ademais anuncia unha próxima visita guiada á mostra.
NOS_41257
Reunións cordais mais que non deron ningún resultado produtivo. Tanto a portavoz do BNG, Ana Pontón, como o secretario xeral do PSdeG, González Formoso, coincidiron onte en lamentar que as respectivas reunións oficiais co presidente galego non se traducisen en acordos. Unha "decepción"que non partilla Alfonso Rueda.
"Decepción" pode ser a palabra que mellor defina para a líder da oposición e portavoz do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, as respectivas xuntanzas que ambos os dous mantiveron —por separado— co presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda. "Para que se nos convoca se non quere chegar a acordos", preguntouse Pontón após a xuntanza, salientandoque Rueda "non quere chegar a acordos naquelas materias que son da súa competencia" e non ofrece "alternativas aos problemas no país". González Formoso, pola súa parte, lamentou que este primeiro encontro co presidente da Xunta non resultase todo o "produtivo" que lle gustaría xa que non se puxeron sobre a mesa "cifras concretas", aspecto que o "decepciona excesivamente", dixo. Ambos os dous portavoces coincidiron, porén, na "cordialidade" das reunións, o que non evita a crítica á ausencia de compromisos e concrecións. BNG e PSdeG insisten na súa "vontade de acordo" con Rueda Desde o BNG levaron á reunión, "e con vontade de acordo", propostas para "mellorar a vida dos galegos e galegas". Cuestións que se centraban, como a propia Pontón avanzou na mañá de onte, en accións para combater os efectos da crise de prezos, reforzar a Atención Primaria —con investimento de 200 millóns de euros incluídos—, outro modelo de residencias e benestar e compromisos para reconducir o actual boom eólico "especulativo e depredador". "Sen alternativas para os galegos" Mais 90 minuto de xuntanza, porén, non serviron para avanzar nestas cuestións, criticou Ana Pontón, que considera que da actitude do presidente neste encontro despréndese que "os galegos non teñen alternativa" cun Goberno do PP. Aínda que Pontón sinalou que Rueda puxo riba da mesa "xeneralidades", asegurou que a formación nacionalista "sempre vai estar en defensa dos intereses da Galiza, goberne quen goberne en Madrid". En canto á cuestión concreta das competencias de costas —O Goberno galego quer que se traspase a Galiza a competencia marítimo terrestre— Pontón expuxo que está de acordo mais tamén "dunha axenda máis ambiciosa", xa que detectou que co actual Estatuto hai polo menos "71 ámbitos" para reclamar materias. Pola súa parte, Formoso considerou que a reunión demostrou a existencia "desacordos importantes" en cuestións fundamentais para a sociedade galega. "Constatamos que hai visións distintas do país, o PP ten unha de resignación, de inmobilismo; fronte á de esperanza do PSdeG". Formoso reprochou a falta de entendemento no ámbito sanitario xa que considera que a súa formación acudiu á reunión con peticións razoábeis ante o "colapso" que, "atravesa" a sanidade galega e, especialmente, a Atención Primaria. "Baño de realidade" Alfonso Rueda, pola súa parte, lamentou as conclusións da oposición sobre as reunións e dixo que fronte ás "propostas" sen máis do BNG e PSdeG el tiña que ter en conta "a realidade". Quince meses desde a anterior xuntanza, con Núñez Feixoo na Presidencia Quince meses pasaron desde a última reunión oficial do presidente da Xunta cos portavoces da oposición até a xuntanza de onte. Fora en marzo de 2021, o día 26, e dos tres protagonistas da xuntanza só segue unha, Ana Pontón. Nin o presidente daquela, Alberto Núñez Feixoo, nin o líder da formación socialista, Gonzalo Caballero, continúan neses postos. "Feixoo e a oposición rematan sen acordos", titulaba Nós Diario a nova daquela xuntanza. Unha reunión na que Feixoo mostrara receptividade a avanzar en certos temas que lle trasladara a oposición, como a ampliación a necesidade de dar solucións á crise industrial e o aumento das competencias do autogoberno galego. Quince meses despois, estas mesmas cuestións continúan sen se cumprir e centran parte da axenda política galega.
PRAZA_15126
A teoría neodarwinista non é aplicada pola dereita española só á cidadanía, senón ao mesmísimo modelo territorial, sendo as nacionalidades históricas e periféricas as peor situadas para adaptarse a un medio tan hostil. Porque o Estado español nunca se sentiu ligado a Galiza. Só nos momentos en que lle interesa obter réditos eleitorais ven apañar o ouro e despois se te vin, non me acordo.
Cando Charles Darwin escribiu A orixe das especies non imaxinou que a súa teoría da evolución chegaría a ter unha repercusión política tan importante na periferia europea como a que está a ter xa ben entrado o século XXI. Actualmente, entre os neoliberais que desgraciadamente nos gobernan, subxace a idea de que os pobres, en tempos de crise, o que teñen que facer é emigrar ou aguantar, sufrir ou palmala, resistir ou desaparecer. Aqueles membros da poboación con menos capacidade de adaptación ás medidas de recortes, morrerán con maior probabilidade Aqueles membros da poboación con menos capacidade de adaptación ás medidas de recortes, morrerán con maior probabilidade, e aqueles membros con características mellor adaptadas (conservación precaria do posto de traballo, apoio familiar, emigración), sobrevivirán con maior probabilidade. Amaia Egaña de Barakaldo non sobreviviu á nova realidade imposta pola política da usura. E, mentres as súas políticas parasitarias fabrican cada vez máis pobres (en beneficio duns ricos que ven engordar as súas especulativas contas bancarias), percíbese un enfriamento vampírico do ánimo, unha especie de rendición terrenal da especie humana, ao tempo que o verme da clase política corrupta, que alimenta ao poder financeiro, se nos mete no corpo, apodrecéndoo. A teoría neodarwinista non é aplicada pola dereita española só á cidadanía, senón ao mesmísimo modelo territorial A diferencia entre Darwin e os neocons é que o primeiro explica a evolución das especies unha vez que esta está consumada polos efectos da Natureza; pola contra, os segundos, impoñen a selección natural antes de que se produza. Deciden o destino dos novos pobres, dos case 6 millóns de parados e subsidiarios, esa chusma sobrante... que se fodan! Pero a teoría neodarwinista non é aplicada pola dereita española só á cidadanía, senón ao mesmísimo modelo territorial, sendo as nacionalidades históricas e periféricas as peor situadas para adaptarse a un medio tan hostil. Porque o Estado español nunca se sentiu ligado a Galiza. Só nos momentos en que lle interesa obter réditos eleitorais ven apañar o ouro e despois se te vin, non me acordo. O noso pobo é obxecto de todas as vexacións do poder central e a servidume política, que leva anos estendéndose como un cancro que, lonxe de curarse, vai camiño da metástase, producindo verdadeira castración. O pasado 21-O perdemos o momento de emprender o camiño cara unha nova política, pasando a converternos nunha especie en vía de extinción, quedando relegados aos últimos postos na carreira a prol da supervivencia Pero mentres o centralismo e a involución do sistema autonómico sumen a Galiza na vía da desaparición, en Catalunya e Euskalerria néganse a aceptar o azoute da dependencia política. E, tal e como están as cousas, a súa independencia sería a nosa condena definitiva, porque ficaríamos sós contra unha forza centrípeta dentro do proceso de decadencia que o Estado español está orixinando para sí mesmo. O pasado 21-O perdemos o momento de emprender o camiño cara unha nova política, pasando a converternos nunha especie en vía de extinción, quedando relegados aos últimos postos na carreira a prol da supervivencia. Por iso se me ocorre que, ao igual que os neocons españolistas, os galegos que aínda nos recoñecemos, tamén podíamos botar man da ciencia, porque agora a clonación pódese aplicar para preservar as especies próximas a extinguirse e ese semella ser o noso caso. Sería unha clonación na que intentaríamos, pola vía da modificación embrionaria, omitir no resultado as taras biolóxicas que esta Terra ten como defectuosas, eliminando así a predisposición xenética á submisión Así que, seguindo aos científicos de Escocia que clonaron unha ovella, poderíamos intentar reunir a un grupo de científicos galegos (que para iso temos tamén unha orixe celta como os escoceses) para clonar Galiza. Reinventarnos forma parte do noso acervo cultural. Sería unha clonación na que intentaríamos, pola vía da modificación embrionaria, omitir no resultado as taras biolóxicas que esta Terra ten como defectuosas, eliminando así a predisposición xenética á submisión e permitindo un reforzamento das defensas do organismo sen precisar do Actimel, favorecendo a entrada en acción das forzas vivas e sensibles do noso país. E, se non é moito pedir, mantería a cor verde que caracteriza á nosa paisaxe, porque é a cor da esperanza, unha esperanza que xa foi, a da Galiza autonomista, a da Galiza nacionalidade histórica, a da Galiza que naceu e renaceu, algo que xa ninguén pode negar.
PRAZA_4137
A plataforma creada por varios veciños de Sada logrou vendas por valor de máis de 6.000 euros de produtos e servizos que se poderán gozar coa reapertura dos máis de 50 locais que se asociaron á iniciativa solidaria.
A poucos días de que mesmo os locais de hostelería, con moitas restricións, poidan reabrir as súas portas, veciñanza de Sada prepárase para adquirir por fin os produtos ou gozar dos servizos que mercou por adiantado durante este confinamento. Foron moitas as persoas que quixeron axudar os seus negocios favoritos, aos de toda a vida, a superar a crise provocada polo coronavirus. E puideron facelo grazas á plataforma Voltaremos, que agora medita poñer fin ao seu labor tras varias semanas e "un obxectivo máis que cumprido". Voltaremos permite mercar produtos e servizos do pequeno comercio ou a hostelería, principalmente en Sada, para consumir despois do confinamentoRoberto Amor, publicista sadense e un dos impulsores da idea, detalla que Voltaremos superou xa os 6.000 euros en vendas e o medio cento de locais asociados --a maioría de Sada pero algúns doutras localidades achegadas--, conseguindo así o propósito co que el, Sara Freire e o equipo de Ensilabs (Eugenio Novás, Modesto González e Adrián Brañas) puxeron en marcha a plataforma: axudar o tecido comercial mercando durante a pandemia os produtos que se comprometían a consumir coa volta á normalidade. "A xente está moi contenta, sobre todo os pequenos comercios, porque o que era unha mostra de apoio e solidariedade transformouse tamén en vendas, nunha importante axuda económica", conta Amor, que explica que o equipo de Voltaremos decidirá en breve se continúa coa iniciativa ou a dá por rematada ante a inminente apertura --aínda que con moitas limitacións-- de tendas, bares e restaurantes. "Axuda os teus negocios favoritos a superar a crise provocada pola covid-19 mercando agora os seus produtos ou servizos para consumilos cando isto remate. Entre todos conseguiremos que todo volva ser coma antes", explica Voltaremos na súa web sobre unha iniciativa sen ánimo de lucro e na que toda ganancia a maiores iría destinada a Unicef. Voltaremos superou xa os 6.000 euros en vendas e o medio cento de locais asociadosA iniciativa, semellante á tamén impulsada en Lugo -o proxecto Abrindo Lugo facturou algo máis de 14.000 euros nos seus primeiros dez días-, contou co apoio do Concello de Sada, que asumiu os catro euros de inscrición para os locais sadenses que se sumaron á iniciativa, así como os gastos de mantemento da web. "A idea pretendía axudar de forma solidaria ao tecido comercial e pareceunos moi ben", conta Laura Rodríguez, concelleira de Promoción Económica e Turismo, que cre que aínda que o proxecto ten como principal función "a económica", tamén serviu de apoio "anímico" para "demostrar aos comercios e locais de Sada que a veciñanza segue aí e que os ten en conta para agora e para o futuro". "É apoio económico pero tamén anímico; demostrar aos comercios que a veciñanza segue aí", di Laura Rodríguez, concelleira de Promoción EconómicaAdemais, Rodríguez considera que iniciativas como Voltaremos serven tamén de aprendizaxe e estímulo para todos, tanto para as administracións como para os negocios. "Moito comercio viu que no mundo virtual, na Rede, ten tamén moitas portas abertas; de feito, houbo xente que fixo consultas e propostas e estamos impulsando tamén a creación dun mercado online e ideas que, adaptándoas a unha nova situación, poden ser moi útiles máis adiante", explica. Durante semanas, ducias de persoas mercaron a través de Voltaremos os seus plans e bonos en bares, restaurantes, tendas de moda, de tatuaxes, perruquerías... En breve, volverán a eles para tomar esas cervexas, comprar aquela camisa pendente ou cear aquel prato que levaba días agardando. Porque dixeron que volvían. E volverán.
NOS_52729
Compostela Aberta levará mañá quinta feira a pleno do Concello unha moción na que insta ao Ministerio de Fomento e a Aena a incorporarlle o nome de Rosalía de Castro ao aeroporto de Lavacolla.
Segundo o Executivo compostelán, para esta proposta contan co apoio da Fundación Rosalía de Castro, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega. Trátase dunha petición, xa que o Concello non ten competencias para cambiar o nome do aeroporto, que recaen no Ministerio de Fomento e na compañía pública Aena. O nome proposto sería 'Rosalía de Castro-Santiago Lavacolla'.Compostela Aberta agarda que o resto de grupos se sumen a esta iniciativa e que haxa "consenso social" para levar adiante esta nova denominación, "que nos gustaría que fose xa efectiva para o vindeiro 24 de febreiro, Día de Rosalía", no que ademais se cumpren 180 anos do seu nacemento. Outros aeroportos con nomes de escritores son os de Santiago de Chile (Pablo Neruda), Granada (García Lorca) ou Jorge Amado (Ilheus). Outros moitos tamén teñen nomes de artistas, como Mar del Plata (Astor Piazzola), Málaga (Picasso), Rio de Janeiro (Antonio Carlos Jobim), Liverpool (John Lennon) ou Roma (Leonardo da Vinci).
NOS_50034
Vicente Pérez Muñuzuri deixa o seu cargo despois de dez traballadores do servizo meteorolóxico galego seren despedidos após unha decisión da consellería de Medio Ambiente que dirixe Ethel Vázquez.
Vicente Pérez Muñuzuri deixará de ser o director de Meteogalicia, o servizo meteorolóxico público galego, moi seguido e que desde a chegada do PP ao poder vive en tensión ante as constantes noticias que fan referencia á súa desaparición xa que o Goberno central considera que "duplica" ao mesmo organismo estatal, malia que este non ofrece a información pormenorizada en Galiza deste. Estes temores creceron nos últimos días, nun proceso que pode estar detrás da dimisión de Vicente Pérez. Dez traballadores de Meteogalicia veñen de ser despedidos após unha decisión da consellería de Medio Ambiente de Ethel Vázquez, o que entre o persoal foi considerado o comezo dun "desmantelamento" que o departamento autonómico nega pero que provocou o abandono do seu cargo do director, en protesta por esta decisión, segundo fontes sindicais. A dimisión será efectiva en canto a consellería atopa un ou unha substituta para o cargo, que terá un afrontar un momento delicado ante as denuncias dun proceso "encuberto" de empobrecemento do servizo que fontes sindicais comentan que pode rematar no peche de Meteogalicia.
NOS_6281
O tenente de alcalde de Lugo, Ruben Arroxo, recibiu na terza feira varias ameazas de morte a través de pintadas en rúas polas que pasa "frecuentemente". O nacionalista asume o acontecido mentres segue a traballar por un Lugo "dinámico" e "plural", algo que, segundo remarca, "non soporta a ultradereita".
—É a primeira vez que recibe ameazas deste tipo? En pintadas nas rúas si. Ou polo menos é a primeira vez da que temos constancia. Si que teño recibido ameazas polas redes sociais, de perfís falsos claramente identificados con persoas que simpatizan coa ultradereita. Lugo é unha cidade moi tranquila, non adoitan ocorrer estas cousas, pero sempre hai xente que se serve do anonimato das redes ou dunha pintada nun muro para cometer estes actos covardes. —Vai denunciar vostede ou o BNG ante as autoridades para que se investigue a autoría das pintadas? De momento non valoramos esa posibilidade, aínda que sempre está sobre a mesa. Todo dependerá de se isto vai a maiores. Se queda como un simple acto ocasional non seguiremos, mais se se repite teremos que tomar medidas doutro tipo. —Explica nas redes sociais que unha parte da oposición carga contra vostede polo "avance que está a pegar Lugo" desde que o BNG forma parte do Goberno local. Cales son eses avances dos que fala? Lugo está a adquirir un dinamismo que, en palabras de moita xente, nunca tivo. Son unha serie de cambios que nunca se viron na historia da cidade. E iso, evidentemente, á dereita e sobre todo á ultradereita corróelles por dentro. Non o poden soportar, e a súa forma de confrontalo é mediante unha campaña continua de 'bulos', difamacións e ameazas. Non saben actuar doutra forma, e non fan máis que deixalo patente con este tipo de actuacións. Mentres tanto, nós estamos a construír o Lugo do que a veciñanza sempre falou, un Lugo que segue a crecer, e iso a algúns non lles vai ben. —Desde que ocupa a Tenencia de Alcaldía, cal é a medida levada a cabo da que máis orgulloso se sente? En xeral de todas, mais penso que esa medida sería a peonalización do tramo da Mosqueira. Cando a alguén lle dis que debuxe Lugo, pensa na Muralla cos arcos da Mosqueira, os únicos que quedan en pé na actualidade. É un espazo simbólico da cidade, toda a veciñanza séntese identificada con el, os visitantes pasan por el si ou si... Por tanto, que a Mosqueira deixase de ser un espazo polo que pasaban dous carrís de circulación a ser unha praza totalmente peonil é un avance moi importante. A obra aínda non está rematada, pero vai ser a referencia de Lugo. —Cal é o obxectivo do seu proxecto para Lugo? O obxectivo baséase en varios puntos. O primeiro e fundamental é o mantemento e protección da Muralla, xa que o urbanismo da cidade evolucionou a partir dela. Desde aí, xira todo o demais. Apostar por un transporte público máis eficiente, por humanizar os barrios, por crear máis espazos públicos nas zonas onde antes non había, pola cultura de base e local... Desde logo, a idea é construír unha cidade plural para a xente.
PRAZA_5509
O TSXG anula a creación de novos postos para relevar o secretario e a interventora municipais, que segundo presuntos implicados no caso Pokémon "torpedeaban" as operacións de Conde Roa e Espadas.
A finais do ano 2011 o PP levaba menos de medio ano gobernando no Concello de Santiago. Con Gerardo Conde Roa na alcaldía e Ángel Espadas como responsable do seu gabinete, boa parte dos esforzos de ambos encamiñábanse, segundo se tira das revelacións do sumario da operación Pokémon, en prorrogar o contrato que o consistorio da capital ten coa empresa Aquagest, actualmente denominada Viaqua. Naqueles días Espadas explicáballes a Henry Laíño e José Luis Míguez, responsables da empresa en Galicia e Compostela, que a operación estaba practicamente feita e as únicas dificultades eran que o secretario e a interventora municipal "nos están torpedeando todo" e por iso xa traballaban para afastalos dos seus cargos. Ese relevo produciuse e agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anulalos. Estes funcionarios non eran do agrado dos novos gobernantes populares nin tampouco dos xefes de Aquagest, considerados pola investigación líderes da trama na cidade. A interventora "e o puto secretario estannos parando todo o que temos encauzado", queixábanse nunha das conversas intervidas por Vixilancia Aduaneira por orde da xuíza Pilar de Lara. Esas queixas, segundo consta nas escoitas, transmitíronllas ao propio Espadas, que tentaba tranquilizalos anunciándolles a remuda. Para o posto de secretario a "primeira opción" era Francisco Cacharro, fillo do ex presidente da Deputación de Lugo, "que non quixo vir por unha cuestión persoal. "Pero traemos a outro que non é peor, eh?", sinalaba en conversa con Laíño. Os presuntos líderes da Pokémon en Santiago lamentaban que o secretario e interventora, despois relevados, "torpedeaban" os seus plans Xa na primavera de 2012, cando Conde Roa se vira forzado a dimitir pola súa fraude fiscal, Laíño comentaba a nova situación co concelleiro de Deportes santiagués, Adrián Varela, imputado na Pokémon como Conde Roa e Espadas. Daquela Varela comentaba que no seo do goberno local estaban "fastidiados" con todo o que estaba a acontecer, tamén porque "non dan feito no Concello, porque se cargaron ao secretario e á interventora". O novo alcalde, Ángel Currás, estaba "desbordado". Naquela altura o PSdeG local xa tentaba frear nos tribunais os relevos do secretario e da interventora, concretados a través da creación de dúas novas prazas idénticas e dunha terceira, para a tesouraría municipal. Segundo defendía a concelleira de Persoal, Amelia González, a única intención era a de "paliar irregularidades". Un relevo contrario á lei, pero co aval da Xunta O argumento esencial dos socialistas composteláns ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia consistiu en que o goberno daquela comandado por Conde Roa estaba infrinxindo o decreto de recortes co que o Goberno de España estableceu, entre outros aspectos, a prohibición de incorporar novo persoal ás Administracións locais. Así o advertiron nos seus informes o propio secretario e mais a viceinterventora municipal, segundo consta na sentenza. A única voz a favor chegou dende a Xunta, que tras a preceptiva consulta formulada polo Concello considerou que as incorporacións eran axeitadas, porque secretarios, interventores e tesoureiros son funcionarios estatais e, polo tanto, "a súa entrada na Administración non se produce a través da entidade local, senón a través da oferta de emprego público de cada comunidade autónoma". O TSXG anula a creación de novas prazas de secretaría, intervención e tesouraría decidida polo Concello e apoiada polo Goberno galego Pero ao xulgado non lle valeron os argumentos do Concello, que defendía a idoneidade de pasar a ter tres prazas de secretaría e outras tantas de intervención e tesouraría. Tampouco aceptou os intentos de que que se desestimasen os informes das persoas titulares das prazas por teren "interese" directo no caso e, ademais, "relación de confianza" co PSdeG local. "Resulta evidente que coa ampliación do plantel se está vulnerando" a prohibición estatal, "porque se incrementou o cadro de persoal ao figurar tres prazas por cada unha das funcións típicas dos habilitados nacionais onde anteriormente só había dúas". "Resulta evidente que co incremento de plantel acordado tivo lugar a incorporación de novo persoal, que é precisamente o que se prohíbe", evidencia o ditame. Así as cousas, e evidenciando que "os argumentos esgrimidos" polo Concello "non xustifican" a "premura" coa que buscaron novo secretario e interventor, o alto tribunal galego estimou o recurso do PSdeG e anulou a creación destas tres prazas. Ademais do varapau xurídico-político, ao gabinete agora dirixido por Currás correspóndelle asumir as costas do proceso xudicial, "coa limitación de 1.500 euros en concepto de gastos de defensa da parte demandante".
NOS_56249
Participarán figuras internacionais deste deporte como Manuel Pellegrini, técnico do Real Betis Balompé ou Diego Martínez, ex adestrador do Granada CF.
A cidade de Compostela concentrará a atención deportiva os vindeiros días 12 e 13 de novembro coa realización do congreso internacional "O camiño do fútbol", organizado pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e a Real Federación Española de Fútbol (RFEF). A cita será no Pazo de Congresos e Exposicións da Galiza e reunirá, entre outros, profesionais do adestramento, arbitraxe, dirección deportiva, preparación física e psicoloxía deportiva. Tres dos vinte participantes que confirmaron a súa presenza son Manuel Pellegrini, técnico do Real Betis Balompé e ex adestrador do Manchester City e Real Madrid; Diego Martínez, ex adestrador do Granada CF; ou Aitor Karanka, ex adestrador do Birmingham City e ex técnico axudante de José Mourinho no Real Madrid. Temas de interese para profesionais e afección Manuel Pellegrini desembarcará na capital galega acompañado por parte do seu corpo técnico no Real Betis, entre eles o preparador físico galego Félix Cao, para explicar a rutina de traballo do club andaluz e a coordinación entre a parcela técnica e os preparadores físicos. O técnico galego Diego Martínez aterrará en Santiago de Compostela para transmitir a súa maneira de ver e entender o fútbol a través do seu relatorio "Ser, sentir, equipo". O vasco Aitor Karanka, pola súa banda, subirá ao escenario do Pazo de Congresos para debullar todas as reviravoltas do observador técnico de UEFA. As xornadas, segundo explica a organización nun comunicado, "serán de gran interese para todas as persoas que gozan vendo este deporte, para a afección e para o sector profesional e formativo xa que poderán vivir toda a experiencia do fútbol nun só momento". Explican, ademais, que "supoñen unha excelente oportunidade para que todas as e os profesionais que exercen o seu traballo de adestrar no ámbito nacional e mundial con licenza UEFA realicen a revaliación obrigatoria da súa licenza nunha cita presencial que non se celebra desde 2018". Este congreso internacional sobre fútbol poderase seguir en dúas modalidades: unha presencial, con capacidade limitada no recinto polas medidas de restrición relacionadas coa pandemia, e outra en liña vía streaming.
PRAZA_15496
O PP accede á creación da comisión de investigación sobre as antigas entidades de aforro galegas máis dun ano despois de que a oposición a solicitase por primeira vez e no medio da incerteza sobre o futuro de Novagalicia Banco
A enésima foi a vencida. Máis dun ano despois de que a oposición parlamentaria -o PSdeG, concretamente- reclamase formalmente a creación dunha comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro galega, o seu proceso de fusión, a creación de Novagalicia Banco e as indemnizacións dos antigos directivos, o PP accedeu á súa creación. Nas actas parlamentarias ficará reflectido que esta comisión é creada á iniciativa do propio PP, se ben no propio pleno deste martes, o primeiro ordinario da nova lexislatura, tamén se discutía unha solicitude idéntica dos socialistas. Cuestións formais á marxe -se se aprobasen as dúas iniciativas sería obrigatorio crear dúas comisións- a unanimidade da Cámara deulle luz verde á comisión, que comezará a traballar en febreiro. Na xornada en que o Goberno central ratificou que o valor de Novagalicia Banco é o dun buraco de 3.091 millóns de euros os conservadores explican por boca do seu voceiro, Pedro Puy, que agora consideran acaído indagar no sucedido en Caixa Galicia e Caixanova porque xa está "definida a capitalización" da entidade que agora encabeza José María Castellano. Ademais, asegura, fano porque eles tamén están "indignados" coas "malas prácticas na comercialización das famosas preferentes" que derivaron en "estafas" e mais coas "indemnizacións e salarios obscenos". Nas actas ficará reflectido que foi o PP quen impulsou a comisión, aínda que no mesmo pleno tamén se discutiu unha proposta do PSdeG Todas estas cuestións serán abordadas nun momento no que o Goberno central ratifica que a entidade resultante da fusión, Novacaixagalicia, non poderá manter manter o 6,84% que aínda ten na propiedade de Novagalicia Banco, empresa que pola súa banda non é, nin moito menos, quen de garantir que máis pronto que tarde non remate formando parte dun dos grandes grupos bancarios españois. Neste contexto, a comisión preséntase como unha caste de arqueoloxía político-financeira que, a xuízo dos grupos da oposición, chega notablemente tarde e despois de episodios que precisan máis dunha explicación, caso por exemplo, di o socialista Abel Losada, da "auditoría do millón de euros" encargada pola Xunta para avalar a fusión. Cómpre saber se foi "pura simplemente un engano, en caso de que exista", xa que o Goberno nunca amosou. "O padriño fundamental desa fusión foi Feijóo", que "brindou con champán" coas mesmas "persoas que levaron indemnizacións indecentes" e por iso, di, debe comparecer na comisión -o PP xa sinalou que o presidente acudirá-. "Tarde mal e arrastro", considera tamén o nacionalista Francisco Jorquera, quen lamenta que o PP "agardase a que se consumase a liquidación do sistema financeiro galego" para activar a investigación. "Faise agora, que o dano é irreparábel". Así e todo, para non caer na devandita "arqueoloxía" o voceiro do Bloque chama a "investigar a fondo as causas, responsabilidades e consecuencias de todo o que aconteceu nas caixas e coas caixas". Tamén a ter en conta que "estamos a tempo de evitar o espolio do noso aforro" coa creación dunha banca pública. "Hai urxencias extremas que non poden agardar", di Beiras sobre as preferentes "Érguete e anda, como en Islandia, como en Islandia", readaptou Jorquera os versos de Alfredo Brañas para apelar ao control público das finanzas e tamén a lograr que os ex directivos respondan por cuestións como as preferentes. As preferentes son tamén unha prioridade para o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, en cuxa opinión "hai urxencias extremas que non poden agardar" a febreiro. Os afectados "ao final deste ano atópanse nunha situación no que á chantaxe chega ao seu límite", advirte o histórico nacionalista: "Teñen que tomar unha decisión inmediata e senón, a súa actuación será criminal", advirte. Así e todo, Beiras non dubida de que o PP está incurso nun "crime de lesa cidadanía" pola súa actuación neste ámbito.
PRAZA_3594
Provocan inquedanza posibles contaxios que obriguen a corentenas a todo o persoal dunha explotación, que son habitualmente familiares, e ninguén se poida ocupar dos animais
Os habitantes do rural de Galicia están afrontando a crise polo coronavirus "con preocupación, pero sen histeria", segundo o secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA), Roberto García. A responsable do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, cre que a ausencia de aglomeracións e a produción de alimentos do campo fai que esta contorna ofreza "máis garantías" en situacións coma a presente, co estado de alarma a piques de ser declarado.A ausencia de aglomeracións fai que esta contorna ofreza "máis garantías" en situacións coma a actualAs preocupacións nestas zonas céntranse no coidado dos animais en caso de que haxa corentenas ou problemas co abastecemento de pensos e no avellentamento da poboación, posto que os maiores son un dos grupos que presenta máis risco en caso de contaxio.García indicou que, polo momento, non houbo nin problemas de abastecemento nin cambios na produción. "Eses problemas van parellos ao grao de histeria", reflexionou e considerou que o sistema "funciona de forma correcta" pero non está preparado para "vender en dúas horas o de unha semana". "Non se agota o polo, hai polo suficiente", dixo e sinalou que "hai un problema de abastecemento o tempo que se tarda en reabastecer".As características das explotacións, xestionadas a miúdo por unha familia, poden facer que todos os membros estean en corentena ao tempo e imposibilitar o coidado dos animaisNo caso dos habitantes das vilas máis pequenas e as aldeas, non hai problemas respecto á comida das persoas porque "quen máis, quen menos ten sistema de alimentación propio" coas hortas ou cos animais. Considera que si son "un elemento importante" as complicacións derivadas dun contaxio dun membro dunha explotación gandeira. O habitual é que toda unha familia se dedique ás tarefas da granxa, polo que podería significar que o núcleo completo se tería que poñer en corentena e niguén podería atender o gando.Os produtores seguen coas súas tarefas cotiás e non hai preocupación por que escaseen os alimentos para as persoasVilalba tamén puxo o foco na maior tranquilidade coa que se está a vivir a situación no rural e situou as preocupacións na alimentación dos animais no caso de que as restriccións para controlar o virus leven a un menor suministro de pensos. Nese sentido, propuxo "potenciar as forraxes ao máximo" para gañar en autonomía. "A xente productora segue co seu día a día", destacou. Tamén cre que provoca inquedanza a gran cantidade de persoas maiores, "máis vulnerables" ante a enfermidade que provoca o coronavirus e "que a sanidade pública teña os recursos" necesarios. En moitos hospitais comarcais, dixo, non hai UCI.
PRAZA_13139
A crise dispara o número de desempregados de moi longa duración, que aumentou un 43% no Estado durante 2011, segundo datos do INE. Tan só o 2,5% dos contratados conseguiu traballo grazas á intermediación dunha oficina do INEM.
O drama da crise, o drama do paro. O número de desempregados que deixou o seu traballo tres anos antes ou máis aumentou un 43% no pasado ano, até alcanzar os 704.900, de tal forma que o peso deste colectivo sobre o total de desempregados alcanza xa o 15,4%, unha porcentaxe case catro puntos (3,9) superior á de 2010, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) tirados da Enquisa de Poboación Activa (EPA). Porque o drama do paro bateu de cheo en 2011, ano que se pechou con 4,6 millóns de parados, dos cales máis da metade, o 52,1%, ingresaron nas listas do desemprego tras acabárenselle o contrato durante ese exercicio. Ademais, máis dun millón de persoas quedou sen traballo por mor dun despido ou tras a supresión do seu posto, incluíndose aquí os ERE, o que supón un 23,3% do total de desempregados. En resumo, foron 2.390.700 as persoas que ingresaron no paro ao rematárselles o contrato, o 7,72% máis que en 2010, mentres que 1.067.400 traballadores quedaron no paro por despedimento ou supresión do posto, incluídos os ERE. En canto ao resto, 58.000 saíron do mercado laboral por enfermidade ou incapacidade; 39.900 por realizar estudos ou recibir formación; 23.100 por coidado de nenos, de adultos enfermos, incapacitados ou maiores. Ademais, houbo 11.500 persoas que se xubilaron. Pero a catástrofe é áinda máis grave para aqueles preto de 705.000 parados que levan xa tres ou máis anos sen emprego. Parados de moi longa duración que non ven saída no conxunto do Estado, milleiros de familias desesperadas por unha crise que os afasta dun mercado laboral onde xa non ven expectativas ningunha. Algúns rendidos, algúns fartos e moi poucos con esperanzas. Os datos difundidospor Estatística mostran ademais que unha de cada tres persoas, o 35%, traballou en 2011 polo menos un sábado ao mes, porcentaxe unha décima superior ao de 2010, mentres que o 4,3% traballou un domingo ao mes (dúas décimas máis) e o 15,9% fíxoo dous ou máis domingos (cinco décimas máis).Pola contra, o 62,5% dos ocupados non traballou ningún sábado de 2011 e o 78,6% ningún domingo. Do mesmo xeito que aumentou o número de persoas que tivo que traballar en fin de semana, tamén se incrementou o ano pasado a porcentaxe de traballadores en xornada nocturna, desde o 11,6% de 2010 ao 12,2% de 2011. Un 6,1% traballou ocasionalmente de noite e o mesmo porcentaxe fíxoo en máis da metade dos seus días laborables. Ademais, o 92,6% dos ocupados non traballou ningún día no seu domicilio durante o ano 2011, mentres que o 2,7% fíxoo ocasionalmente e o 4% traballou en casa máis da metade dos seus días laborables. A EPA de 2011 tamén revela que a porcentaxe de asalariados que foi contratado a través dunha ETT baixou tres décimas o ano pasado, desde o 3% ao 2,7%, mentres que só un 2,5% obtivo o seu emprego mediante a intermediación dunha oficina de emprego público, unha décima máis que en 2010. Tna só un 2,5% dos contratados obtivo o emprego grazas á intermediación dunha oficina do INEM Da enquisa tamén se extrae que a maior parte dos traballadores españois teñen xefe, pero ningún subordinado. En concreto, sete de cada dez traballadores atopábanse nesta situación en 2011. Do total de ocupados contabilizados o ano pasado, o 9,9% non tiña xefes nin subordinados, o 6,6% era encargado, o 7% director dunha empresa pequena, departamento ou sucursal, o 5,7% era mando intermedio, e o 0,8% ocupaba un posto de director de empresa grande ou media. A porcentaxe de empregados, é dicir, de traballadores con xefe e sen subordinardos, mantívose estable en 2011 respecto de 2010, situándose no 69,8%, mentres que o de encargados descendeu dúas décimas. En todos os tamaños de empresa, a proporción de homes directores como mínimo duplicou ao de mulleres. No caso do posto de empregado (con xefe e sen subordinado), a porcentaxe de mulleres superou ao de homes (77,6% fronte ao 63,4%).
NOS_9502
Contos que forman un marco especialmente interesante para o libro e que se caracterizan pola construción profunda dos seus personaxes, da súa forma concreta de ver o mundo e da súa relación con el, moi mediada pola condición de científicos
Cunha mudanza notábel nos últimos anos, a unión de ciencia e cultura foi unha das grandes materias pendentes da literatura galega. Foino na súa dimensión máis lúdica, cunha ficción científica de aparición tardía e cunhas características moi particulares no noso contexto. Pero tamén demorou a súa irrupción en territorios que lindan coa ficcionalización histórica ou no xogo entre narrativa e divulgación. Nas últimas décadas, autoras como María Solar, Marcos Calveiro ou Xabier Paz viñeron romper un tanto esta tendencia, dedicando obras a fitos históricos de dimensión científica ou afondando na vida novelada dalgunhas das figuras deste ámbito. Silencio / Agustín Agra / Galaxia / 2021 / 144 páxinas / 14,90 euros É nesta última corrente onde poderiamos englobar unha colección de relatos como Silencio de Agustín Agra, unha obra que porén dá un paso máis cara aos territorios experimentais ou, polo menos, xoga con alusións explícitas a autores deste tipo como o propio Calveiro ou Daniel Kehlmann, autor da novela sobre os irmáns Von Humboldt A medición do mundo (Galaxia, 2006). O autor preséntanos dous tipos de relatos neste volume: por unha banda, unha ficción máis libre, coa ciencia como pano de fondo argumental, que percibimos sobre todo no primeiro e no último conto. Trátase de relatos protagonizados por persoas dedicadas á investigación que narran o impacto desta pescuda incansábel que é o traballo científico nas súas vidas. Son contos que forman un marco especialmente interesante para o libro e que se caracterizan pola construción profunda dos seus personaxes, da súa forma concreta de ver o mundo e da súa relación con el, moi mediada pola condición de científicos. O segundo grupo achéganos máis á biografía de figuras recoñecidas da historia da ciencia, un subxénero complexo de atopar e de desenvolver nas coordenadas do relato curto. Non se trata, por tanto, de historias completas de vida, senón da reinterpretación de certos momentos clave das súas pescudas, algúns deles moi coñecidos popularmente. Sen negar o aire de novidade que este segundo tipo de relatos trae consigo, e a relativa innovación de tocar un contido tan complexo nun formato breve, tamén é certo que poden ser os máis dependentes do coñecemento previo das persoas lectoras, ás veces mesmo para deslindar onde comeza o exercicio da fantasía. De todas formas, Silencio é un libro que nos ofrece achados importantes. O valor de facer unha literatura diferente conectada coa ciencia e coa divulgación é do máis relevante, pero tamén podemos sumar un estilo estimulante e traballado.
NOS_35991
Leonor Parcero, presidenta da asociación galega de comunicación científica desde 2015. O 3 de xuño participará nun faladoiro organizado por CaixaForum en Madrid sobre divulgación científica nas linguas cooficiais do Estado español. Nós Diario interesouse pola situación lingüística neste ámbito.
-Como será a súa intervención? Goza de boa saúde a divulgación científica en galego? Explicarei a situación do galego ao longo da historia, desde o momento en que era lingua culta, os séculos escuros e a parte do franquismo en que o galego pasou a ser proscrito e quedou ese estigma como de pobres e non de cultura. Aínda hoxe parece que a única lingua válida para comunicar a ciencia é o inglés, xa non digo o castelán, cando o galego é igualmente válido como calquera outro idioma para facer divulgación científica. Nós o que queremos é chegar á xente, comunicar un coñecemento e involucrar a cidadanía no proceso científico, de como se fai e dos resultados que obtemos. Para iso hai que facelo dunha maneira entretida e, sobre todo, conectando coas emocións, e non hai mellor maneira que facelo no propio idioma. É a intuición que temos as persoas que traballamos en comunicación para conectar coa audiencia. Confirmouno un proxecto europeo no que participou a Axencia española de comunicación científica, que, a partir de enquisas á cidadanía, certificou que e a xente reclama que se comuniquen os contidos científicos nos idiomas cooficiais. -Que traballo fai Divulgacción a prol do galego? En Divulgacción recollemos nos nosos estatutos que traballamos a prol do galego na comunicación científica e na ciencia. Os nosos socios poden empregar a lingua que decidan, mais no noso caso normalmente é en galego. Non por imposición da propia asociación, senón polo noso compromiso de visibilizar e deixar claro que o galego é perfectamente válido para comunicar a ciencia e facer divulgación. Agora non temos apoios para facer a divulgación científica en galego. Había co goberno anterior á chegada do PP unhas axudas que se chamaban Diverciencia, nas que o requisito era a lingua galega. Despois deixou de ser obrigatorio. Malia todo, hai moita oferta de ciencia en galego e tamén moita demanda. Temos medios de comunicación, como GCiencia, coleccións de libros en Xerais, Galaxia... Na maior parte das actividades tamén se emprega o galego por existir unha intercomprensión alta co castelán e non supor ningún problema. Na Galiza tempos moita actividade de divulgación científica, non todos os lugares poden dicir o mesmo. Pensa que somos máis de 100 membros, unha cifra importante para o tamaño do país. Temos moitas e moitos divulgadores de referencia e fomos pioneiras en formatos como os cafés-teatro científicos que comezaron Xurxo Mariño e Casto Rivadulla. Ademais temos a sorte de que todos os nosos referentes de divulgación científica usan o galego con toda normalidade por ser a súa lingua habitual. Tamén hai quen veñen doutras linguas mais decidiron transmitir a ciencia e galego. -Cal é a parte negativa? Algunhas das problemáticas que temos é que a rapazada non ten contacto coa ciencia en galego porque na ESO non está permitido. Persoalmente non me parece moi boa idea. Pasa nas universidades tamén cando fas a intervención en inglés... para min non ten ningún sentido. Na medida do posíbel tes que utilizar a lingua compartida. Tamén a linguaxe, empregar o seu rexistro para poder conectar. -E o futuro? Hai un relevo xeracional e moitas mulleres. Vemos que hai movemento nas redes sociais, como o proxecto de Laura Veiga "Pingando", de divulgación menstrual. Por outro lado, seguimos precisando vocabulario científico-técnico malia facerse cada vez máis dicionarios terminolóxicos. Por sorte hai moito activismo por parte da comunidade e engádense termos a partir de varias campañas.
PRAZA_4913
A media de desempregados en Galicia case se triplicou desde 2007 e a taxa actual é case 15 puntos superior á de hai seis anos; do 7,6% ao 22%.
As estatísticas volven amosar a elevadísima destrución de emprego que a crise está a provocar no país. Tal e como se tira dos datos publicados o pasado venres polo INE -correspondentes á media anual dos catro trimestres de 2013 da EPA- o número medio de parados en Galicia no ano pasado situouse nas 282.600 persoas, o que supón case multiplicar por tres a cifra media do ano 2007 (98.700). O número medio de parados case se triplicou nos últimos seis anos Deste xeito, a media de persoas en paro medrou un 4,4% respecto de 2012, cando a cifra se situaba nos 270.700 desempregados. A progresión foi continua desde hai seis anos: 200.300 en 2010, 165.900 en 2009, 114.700 en 2008 e 98.700 en 2007. Xa que logo, o número medio de parados incrementouse en 183.900 desde o ano anterior ao comezo da crise. Ademais, o ano pasado, os desempregados de entre 16 e 19 anos alcanzaron os 5.200, un 1,8% do total e un 22,39% menos que os que había un exercicio atrás. Os de 20 a 24 anos, 31.400, supuxeron un 11,1% do total e un descenso interanual do 1,3%. Pola súa banda, en Galicia en 2013 rexistráronse 84.300 parados de 25 a 34 anos, un 29,8% do total, o que implica que este colectivo reduciu un 4,85% o número de persoas sen emprego. A taxa de paro actual é case 15 puntos superior á de 2007; do 7,6% ao 22% A taxa de paro galega sitúase así no 22,07% en 2013, 1,41 puntos máis que a de 2012 (20,66%) e varios puntos máis que a de 2011 (17,41%), 2010 (15,4%), 2009 (12,59%), 2008 (8,73%) e 2007 (7,64%). Desde este último ano que inclúe a estatística, a taxa incrementouse en case 15 puntos (14,43). Para o colectivo de menos de 25 anos, a taxa de paro subiu case cinco puntos respecto de 2012, até o 50,17%. Pola súa banda, o de 25 e máis anos repuntó 1,4 puntos e alcanzou o 20,38%. Por sexos, a taxa de paro foi maior entre homes (22,19%) que entre mulleres (21,95%). No que se refire a paro de longa duración, ascendeu un 19,38% nun ano, ao pasar de 135.700 persoas a 162.000 en 2013 (62.400 que levaban dun a menos de dous anos e 99.600 que acumulaban máis de dous anos). En valores absolutos, o número de persoas activas en Galicia reduciuse un 2,29%, até 1.280.200. Con iso, a taxa pasou de 55,39% a 54,57%. Adeais, os ocupados en Galicia descenderon un 4,02%, ao contabilizarse 997.600. En canto á taxa de emprego, baixou de 43,95% a 42,52%. A media do catro trimestres da EPA de 2013 reflicte tamén unha caída dos asalariados galegos, cun total de 1.280.200 (-2,29%).
PRAZA_18800
A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas organizou unha viaxe reivindicativa para denunciar a situación dos servizos ferroviarios do norte de Galicia. A mobilización partiu de Ferrol e á Coruña para atoparse en Betanzos
A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas organizou este domingo unha viaxe reivindicativa para denunciar a situación da liña ferroviaria entre A Coruña e Ferrol. Dous grupos de persoas partiron das dúas cidades, para acabar confluíndo en Betanzos. Alertouse ademais sobre a situación doutras liñas do norte de Galicia (a que une Ferrol e Ribadeo e a que vai da Coruña a Lugo), que están tamén afectadas polo recorte de frecuencias e estacións.Alertouse ademais sobre a situación doutras liñas do norte de Galicia (a que une Ferrol e Ribadeo e a que vai da Coruña a Lugo), que están tamén afectadas polo recorte de servizosO tren A Coruña-Ferrol perdeu un 43% de viaxeiros dende o recorte de servizos de 2013. Naquel ano 2013 suprimíronse un total de 20 trens semanais entre Ferrol e A Coruña, pechándose os apeadeiros de Franza (Fene) e Paderne, mentres que Neda, Barallobre, Cecebre e Cambre ficaban limitados a un só servizo diario.Ao acto acudiron os alcaldes da Coruña e Ferrol, que viaxaron no tren xunto coas persoas integrantes da Plataforma. A entidade cualificou como "positiva" a mobilización deste domingo, xa que "é un xeito de dar a coñecer a situación do ferrocarril e a utilidade que tería para mellorar a mobilidade en todo o territorio". "Estamos nunha comarca saturada de coches, con máis de 200.000 vehículos que entran ao día na Coruña", denunciaronO colectivo destaca ademais que "moita xente en Betanzos que descoñecía a convocatoria da mobilización apostou por sumarse a esta en canto foron informados de que a manifestación era para reclamar a mellora da liña". Durante a lectura do manifesto, que tivo lugar na Praza dos Irmáns García Naveira, a Plataforma aproveitou para convocar á vindeira mobilización, que terá lugar en Ferrol en abril de 2019.O manifesto comezou destacando que "tardamos 40 minutos para facer 30 km nun dos cinco trens que hai ao día entre Coruña e Ferrol, un número ridículo se temos en conta que estamos nunha comarca saturada de coches, con máis de 200.000 vehículos que entran ao día na Coruña" e subliñando que cada ano se producen "12 millóns de desprazamentos en automóbil privado entre A Coruña e Ferrol, o 96% dos desprazamentos entre as dúas cidades".A plataforma sinalou, así mesmo, que se se está a desaproveitar a oportunidade de "implantar unha rede de cercanías que permitiría aforrar milleiros de desprazamentos diarios por estrada, con paradas en lugares tan importantes como o CHUAC, os polígonos de Pocomaco e Agrela, o centro da Coruña e todas as vilas ata Ribadeo ou a Lugo"."Non estamos pedindo alta velocidade, estamos pedindo un ferrocarril convencional, moderno e electrificado. E non pararemos ata conseguilo"Galicia é a única comunidade autónoma costeira que carece de tren de proximidade. A Plataforma en Defensa do Tren leva anos demandando o aproveitamento da actual infraestrutura construída, que cun pequeno investimento (de pouco máis de 1 millón de euros anuais) permitirían poñer en marcha unha verdadeira rede de tren de proximidade."Estamos perdendo un medio único para o transporte de mercadorías, como fan noutros países europeos como Alemaña ou Francia. Un transporte de mercadorías que pode comunicar os portos exteriores co resto de Europa por tren, co que podería supor iso na redución de emisóns a atmósfera", engadiron. O manifesto concluíu subliñando que "non estamos pedindo alta velocidade nin tren bala xaponés, estamos pedindo un ferrocarril convencional, moderno e electrificado. E non pararemos ata conseguilo".
NOS_20001
Hai 60 anos, o 21 de xaneiro de 1961, un grupo de revolucionarios apoderouse pola forza do barco portugués 'Santa María', rebautizándoo ao pouco en 'Santa Liberdade', para denunciar diante do mundo as ditaduras ibéricas, a situación social dos seus pobos e o problema nacional do Estado español.
Foron 24 comandos, maiormente galegos, pero tamén portugueses, cataláns e algúns españois, os que subiron ao 'Santa María' na noite do 21 de xaneiro de 1961 para dar comezo a unha acción que ficou para sempre na lembranza da loita antifascista e no libro aínda por escribir da resistencia do nacionalismo galego contra a ditadura franquista. O operativo correu a cargo dunha organización constituída á volta de 1960, impulsada por nacionalistas galegos, militantes libertarios, veteranos comunistas críticos coa liña da reconciliación nacional imposta polo Partido Comunista de España (PCE) de Santiago Carrillo e demócratas portugueses que se deron en nomear Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL). As razóns do DRIL ficaron fixadas nas súas posicións políticas divulgadas na súa corta, intensa e tamén contraditoria existencia. A este respecto, nun comunicado público divulgado pola organización á volta de 27 de xuño de 1960 e redactado por Xosé Velo, sinálase que "o DRIL é intransixente republicano e cre no mel e non na colmea. É dicir, republicano para unha república do pobo, do pobo das nacións ibéricas, e enténdase que non estamos falando de España e Portugal tal como xeralmente se comprende senón dun republicanismo que incluirá a proclamación doutras repúblicas como a castelá, a galega, a vasca, a catalá". A figura de Xosé Velo explica a conformación do DRIL e do operativo do 'Santa María'. Nado en Celanova en 1916, impulsor da Mocidade Galeguista desta localidade con só 16 anos, secretario xeral da Federación de Mocidades Galeguistas no período republicano, resistente antifascista nos primeiros tempos da ditadura, preso político nos cárceres galegos e portugueses, estivo exiliado en Venezuela e foi organizador da comunidade galega e de núcleos nacionalistas nese país. Ademais, foi máximo responsábel do DRIL, refuxiado no Brasil após o secuestro do Santa María, libreiro e editor en São Paulo e sempre, en palabras do seu compañeiro das Mocidades Galeguistas e da xeira venezolana Xosé Sexto, "un nacionalista impenitente". O Terra e Tempo, nunha necrolóxica publicada dous meses despois da súa morte en marzo de 1972, afirmaba: "Morreu o compañeiro Xosé Velo, conectado intimamente co movemento nacional popular da Galiza". O secuestro do Santa María serviu para pór o foco durante 13 días nas ditaduras de Franco e Salazar. A embarcación, construída en 1952 e propiedade da Compañía Colonial de Navegación de Portugal, era empregada polos emigrantes galegos a Venezuela e no momento do asalto trasladaba 568 pasaxeiros, entre eles 189 portugueses, 81 españois e 153 galegos. Os militantes do DRIL aproveitaron o escaparate que lles ofreceu unha acción que congregou a atención de boa parte da prensa internacional -cuxos principais medios enviaron correspondentes á zona- para achegar as súas reivindicacións e demandas. Xosé Velo deu conta das súas razóns desde a cuberta do Santa María. Así, no cuarto día de secuestro, o 23 de xaneiro, dirixiuse aos pasaxeiros pondo de manifesto: "Que foi de Alexandre Bóveda, de Ánxel Casal, de Víctor Casas? Que foi de Castelao? Será que lles tocou a morte podre? Ao final que foi do galeguismo? En certas artes o abstraccionismo aínda é valido, pero en política, en patriotismo, iso nin sequera é decorativo. Tamén podreceu a galeguidade?". De seguido, engadía, "Non. Os soños de xustiza que moveron a vontade daqueles mártires están a punto de realizarse. Aínda os galegos emigran. Aínda asoballan a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa capacidade de autodeterminación". Concluía: "A matria galega aínda non ten patria. Todos os bos e xenerosos en pé". Na sexta feira 3 de febreiro púxose remate ao operativo do 'Santa María'. A liberación do barco por parte dos comandos do DRIL foi resultado dunha negociación entre as autoridades estadounidenses, encabezadas polo vicealmirante da sexta frota Allen Smith e dunha delegación dos comandos do que fixeron parte os galegos Xosé Velo e o Soutomaior. Precisamente Velo, que empregou o galego no curso do diálogo cos representes dos Estados Unidos, xogou un papel chave para atopar unha solución dialogada fronte a outros membros do comando que apostaron por alternativas máis de forza. As conversas que se desenvolveron na embarcación deixaron a imaxe do vicealmirante Smith saudando en posición de firme mentres se escoitaba polos altofalantes do barco os himnos portugués, español republicano e galego e se arriaba a bandeira galega canda a das outras dúas nacións.
PRAZA_16499
Nas universidades de Santiago e Vigo constituíronse asembleas de traballadoras e estudantes para apoiar a mobilización, con demandas específicas para os seus ámbitos. Piden rachar os teitos de cristal, loitar contra as agresións machistas e o acoso nos Campus ou introducir a perspectiva de xénero nos temarios. As xornalistas galegas demandan #IgualdadeDePrensa
As xornalistas galegas demandan #IgualdadeDePrensa A universidade será un dos lugares nos que a folga xeral de mulleres deste xoves terá un maior impacto. Non só por tratarse dun espazos máis feminizados (máis do 60% do alumnado son mulleres, máis da metade do persoal de administración e servizos, máis do 40% do persoal docente e investigador), senón porque tanto alumnas como traballadoras levan tempo organizándose para levar a cabo os paros estudantil e laboral convocados. Este luns constituíuse en Compostela unha Asemblea de mulleres traballadoras da USC, que acordou sumarse ao paro do 8 de marzo, facendo un chamamento a todas as mulleres da USC a sumarse á folga de 24 horas, laboral, de coidados e de consumo. A Asemblea reiterou que "temos plena cobertura legal para secundar a folga de 24 horas" e sinalou que "diante das dúbidas suscitadas polas informacións diversas, e en ocasións ambiguas, que parecen dar a entender que só están legalmente convocados os paros de dúas horas por quenda" procedeu a consultalo coa Xerencia da USC, "quen confirmou a plena legalidade e aplicabilidade na USC da folga de 24 horas". A Asemblea está a animar tamén aos traballadores varóns para que apoien o paro "a través das medidas que o Movemento Feminista está a propoñer para tal fin" e colabora coa Asemblea aberta de mulleres estudantes da USC de cara ás mobilizacións. Outro dos acordos adoptados foi acudir ao acto institucional que a USC celebra o 7 de marzo, ás 11 horas, no Salón Nobre de Fonseca "con pegatinas que nos permitan utilizar ese foro para estender o chamamento á folga". E, igualmente, participar na concentración (12 horas, Praza Roxa) e manifestación (20 horas, Praza Oito de Marzo) convocadas en Compostela o 8 de marzo. "A folga ten que servir de catalizador para reactivarnos, organizarnos en asemblea e responder ao pulso da mobilización feminista de base, non para liderala senón para ser parte dela e non quedar fóra da revolución deste século" Finalmente, a Asemblea aprobou un Manifesto das mulleres traballadoras da USC que destaca que "A USC para coa folga feminista porque somos maioría. A USC para porque as mulleres que traballamos nela sufrimos o mesmo machismo que no resto dos sectores laborais e sociais", salientando o teito de cristal que dificulta os ascensos (só hai un 22% de catedráticas, por exemplo), a ausencia de conciliación real "que prexudica máis ás mulleres" ou o acoso sexual e laboral, denunciando que "nos últimos tempos na universidade teñen sido coñecidos xa demasiados casos de homes que se senten no dereito de 'importunarnos' cos seus comentarios". O texto subliña que "durante estes últimos anos, a maioría estivemos adormecidas, centradas no noso traballo diario cheo de cumprimentos de prazos, burocracia, exames, precariedade laboral, procesos de estabilización e promoción, etc. Por iso a nosa universidade deixou de ser a vangarda e o referente no pensamento e reivindicación feminista". "A folga ten que servir de catalizador para reactivarnos, organizarnos en asemblea e responder ao pulso da mobilización feminista de base, non para liderala senón para ser parte dela e non quedar fóra da revolución deste século", engade. As demandas das estudantes da USC A Asemblea aberta de mulleres estudantes da USC pídelle pola súa banda ao profesorado da universidade que teña en conta o dereito do alumnado a folga, facilitando o cambio de sesións ou prácticas e dando outras opcións para realizalas noutro momento no caso de ser obrigatorias. O estudantado realiza unha serie de reivindicacións específicas, que se unen ás motivacións xerais da folga laboral e de coidados. Entre outras cousas, pídese "establecer mecanismos efectivos de prevención e denuncia das violencias machistas". Tamén mellorar a seguridade nos Campus para previr casos de agresións. Demándase "introducir a perspectiva de xénero en todas as asignaturas, ademais dunha materia específica de Xénero". Reclámase "promover a paridade nos órganos de goberno da comunidade educativa". Tamén facilitar a conciliación laboral e familiar das estudantes ou "poñer produtos de hixiene feminina a disposición das estudantes". Igualmente, pídese "analizar de forma crítica" a masulinización das carreiras técnicas e a feminización daquelas relacionadas cos coidados". Critícase tamén o teito de cristal que existe na Universidade; "somos maioría nas aulas, pero minoría nas Cátedras e no campo da Investigación". Organización tamén na Universidade de Vigo Profesorado, PAS e estudantes da Universidade de Vigo adoptaron tamén unha serie de acordos en asemblea, comezando polo apoio expreso á folga de 24 horas para este 8 de marzo, recomendando que no caso de non poder facer folga de 24 horas se opte cando menos polo paros parciais de dúas horas por quenda. A Asemblea anima a participar en todas as mobilizacións feministas programadas e convocou así mesmo unha concentración no Campus Lagoas-Marcosende diante da Reitoría ás 12 horas deste xoves; no acto, aberto a toda a comunidade universitaria, pídeselles ás e aos participantes que leven "tuppers e cacerolas para facer moito ruído". "A folga feminista é un instrumento axeitado para contribuír ao urxente cambio social que transforme a vida das mulleres e do mundo no que vivimos co fin de situar os coidados e o benestar das persoas como obxectivo do reparto da riqueza" Ademais, a Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo aprobou a pasada semana un comunicado apoiando a folga do 8M que considera que "a folga feminista é un instrumento axeitado para contribuír ao urxente cambio social que transforme a vida das mulleres e do mundo no que vivimos co fin de situar os coidados e o benestar das persoas como obxectivo do reparto da riqueza". E que entende que "o sistema patriarcal actual favorece múltiples discriminacións contra as mulleres, sendo a máis grave a violencia machista, polo que as reivindicacións e as razóns polas que se convoca a folga feminista son xustas e están perfectamente lexitimadas". O texto lembra que "o sistema educativo é transmisor de estereotipos de xénero que xeneran as desigualdades" e que a Universidade "debe ser unha institución comprometida co progreso social e responsable da promoción de valores igualitarios para acadar sociedades máis democráticas e xustas".
NOS_35105
Igreja baptista de Mississipi (EEUU) nega-se a casar duas pessoas de raza preta malia seren feligreses
A história é contada pela estação de televisão norte-americana ABC, segundo reporta o jornal portugués Público. Andrea e Charles, parelha preta, eram frequentadores da Igreja Baptista de Crystal Springs, no Mississipi e, quando decidiram casar religiosamente, escolheram-na. O pastor, Stan Weatherford, marcou a cerimónia mas a comunidade baptista, composta por brancos, não gostou. O templo existe desde 1883 e nunca ali houvera um casamento de pessoas negras; queriam que assim continuasse. Stan Weatherford disse à ABC que a oposição foi tão forte que foi ameaçado de despedimento. Por isso, cedeu e pediu ao casal para procurar outro templo - o pastor, que é branco, acabaria por casar Andrea e Charles numa igreja ´cujos fiéis são maioritariamente negros e situada na mesma rua da igreja baptista que os recusou.
NOS_39420
O comisario de Competencia da UE, Joaquín Almunia, recomenda ao FROB que manobre para que naqueles bancos en que ten participación, como Novagalicia Banco, se presione para recortar o cadro de persoal e pechar oficinas
Bruxelas está decidia a afondar e acelerar o que cualifican de redimensión das entidades financeiras nacionalizadas, aquelas que como Novagalicia Banco (NGB) teñen unha alta participación do FROB. Nesta liña, o comisario de Competencia da Unión Europea, Joaquín Almunia, está a presionar o Fondo de rescate e ordenación bancaria para que á súa vez manobre perante os consellos de administración destes bancos de cara a aplicar máis recortes no cadro de persoal. E piden que eses recortes se fagan coa aplicación "inmediata" da reforma laboral aprobada polo goberno de Rajoy. Isto significa que se ofecerán indemnizacións de 20 días por ano traballado cun máximo de 12 mensualidades. A cantidade de traballadores e traballadoras afectadas en cada banco, así como o número de sucursais que cumpriría pechar, debe de ser presentada "con urxencia". Para alén de NGB, Bankia, CatalunyaCaixa, e Banco de Valencia, estarían neste saco de entidades afectadas pola medida. Sen negociar Para a Unión Europea, o recorte canto a oficinas e persoal semella unha condición imprescindíbel para as entidades financeiras axudadas polo FROB. Bruxelas quere que isto se faga con urxencia, o que apunta que non están moi dispostos a que haxa marxe de negociación sindical. Bruxelas pretende adelgazar estas entidades antes de abrir a billa para máis axudas ao sistema financeiro español. Por iso exixe unha serie de contraprestacións que, sinalan diversos medios, non se trataría só de medidas no sector bancario. De feito, o propio presidente do Banco Central Europeo (BCE), xa advertiu que aqueles países que vaian recibir axudas europeas van ter que se someter a estritos controis, mesmo abrindo a porta á participación de Bruxelas na elaboración dos seus orzamentos xerais.
PRAZA_15973
MAPAS INTERACTIVOS | O INE vén de publicar os datos do Padrón municipal correspondentes ao 1 de xaneiro do 2017. Só 48 localidades incrementaron o seu número de habitantes con respecto ao ano anterior e 264 reducírono. Medio cento de vilas perderon máis dun terzo dos seus empadroados e empadroadas dende 1998. Consulta aquí a evolución da poboación no teu concello
Consulta aquí a evolución da poboación no teu concello O INE vén de publicar os datos do Padrón municipal correspondentes ao 1 de xaneiro do 2017, que confirman o forte devalo demográfico que sofren unha parte importante dos concellos galegos. En concreto no último Padrón só 48 gañaron poboación, mentres que 264 -ao redor do 85%- perderon habitantes. Unha ollada ao mapa destas subas e baixas debuxa un panorama que é ben coñecido: en termos xerais as áreas urbanas próximas ás sete cidades, así coma algunhas cabeceiras comarcais gañan poboación, que descende no resto do país, nomeadamente nos concellos rurais. Porén, cómpre sinalar que o descenso é xeneralizado en toda a comarca de Ferrolterra (agás pequenas alzas en Cabanas e Moeche) e que cidades como Lugo ou Ourense tamén perden habitantes nesta ocasión (compensados polos ascensos de Barbadás ou San Cibrao das Viñas no caso da cidade das Burgas). Cómpre salientar, pola contra, os ascensos que se producen nos concellos próximos a Santiago (Ames, Brión, Oroso...) e na propia cidade de Compostela e tamén nas áreas metropolitanas da Coruña e Vigo, nas que practicamente todas as localidades gañan poboación. Santiago, Culleredo, Arteixo, Ames e Cambre son os cinco concellos que gañan máis habitantes. Mentres que A Estrada, Marín, Ourense, Lugo e Ferrol encabezan os descensos. Analizando os datos con máis perspectiva, dende o ano 1998, son algúns máis (72) os concellos que gañan poboación. Porén, neste período de case 20 anos faise máis evidente a diferenza entre a Galicia que aumenta o seu número de habitantes e a Galicia que mingua. Así, atopamos localidades que duplicaron a súa poboación, como Ames, ou que case o fixeron, como Barbadás. E outras como Culleredo, Oroso, San Cibrao das Viñas, Salceda de Caselas, Cambre, Arteixo e Sada que incrementaron os seus empadroados e empadroadas nun 50%. Pola contra, medio cento de vilas perderon máis dun terzo dos seus habitantes dende 1998 e o descenso foi superior ao 20% en 162 concellos, máis da metade do país. Agolada, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río e Dozón encabezan esta lista, con perdas próximas ao 45%.
PRAZA_15513
A empresa galega Taptil lanza a app Pandeireta Pro, que permite facer soar este instrumento nos smartphones e tablets de Apple. A aplicación emprega sons gravados de pandeiretas reais e está pensada para que calquera tipo de usuario poida utilizala.
Chega o nadal e este ano non haberá excusa para non tocar a pandeireta se non atopamos algunha pola casa. A empresa galega Taptil lanza a app Pandeireta Pro, que permite facer soar este instrumento nos smartphones e tablets de Apple. A aplicación emprega sons gravados de pandeiretas reais e está pensada para que calquera tipo de usuario poida utilizala, tanto principiantes no ámbito tecnolóxico como no ámbito musical. A aplicación xa está dispoñible para a súa descarga de balde. Co obxectivo de lograr "unha experiencia realista", no proxecto participaron diversos pandereteiros que contribuíron a crear unha aplicación innovadora, que facilita que os músicos ensaien en calquera contexto, xa que pode usarse con auriculares, e que acerca ó público xeral a este tradicional instrumento galego. Taptil é una marca galega, tras a cal están as empresas Sixtema e Hacce Soluciones, especializada en dar resposta e crear solucións avanzadas no desenvolvemento de aplicacións móbiles. Taptil conta con outra aplicacións coma Sendegal, que permite coñecer os sendeiros oficialmente homologados de Galicia e gozar deste xeitos do senderismo. Ofrece información sobre a lonxitud da ruta, o tempo estimado en percorrerla, o nivel de dificultade e a cartografía, además de fotografías e outros datos de interese.
NOS_28116
O sinistro do Rallie da Coruña que tivo lugar na tarde de onte en Carral e na que faleceron seis persoas volve pór sobre a mesa as condicións de seguridade das carreiras de coches.
As condicións de seguridade que deben imperar nos rallies volve estar, lamentabelmente, de actualidade, despois do tráxico accidente que tivo lugar no día de onte en Carral, nun tramo do Rallie da Coruña. O sinistro, no que faleceron seis persoas e resultaron feridas 16, unha delas de extrema gravidade, tivo lugar cando un dos vehículos participantes se saíu da calzada e atropelou espectadores, entre eles menores de idade. Hai voces que aseguran que o accidente tivo lugar nun lugar aparentemente seguro. José Luis Fernández Mouriño, alcalde de Carral, sinalou en declaracións á Cadena Ser que "era unha recta na que había árbores e onde, aparentemente, podías sentirte máis seguro. Ás veces somos atrevidos e poñémonos nas curvas onde hai menos seguridade, mais este non foi o caso". Ademais, en declaracións recollidas por Europa Press, o rexedor apunta que a comisión organizadora e a Garda Civil situaron as persoas no lugar do accidente ao consideralo, "en teoría", "seguro". Segundo recollen diversos medios, como La Voz de Galicia, no lugar do accidente, que non estaba valado, só había un efectivo de protección civil. O mesmo diario, que cita fontes cercanas á organización do rallie, recolle que as vítimas estaban nunha zona restrinxida e que os comisarios da proba avisaran, en varias ocasións, de que debían abandonar o lugar que estaban ocupando.
NOS_15038
A Iniciativa Galega pola Memoria esixe a "pronta e fonda" investigación sobre o atentado ao monumento á memoria na Cruz de Maceira, en Marín. É a segunda vez que aparece pintado desde que se inaugurou hai dous anos.
A Iniciativa Galega pola memoria, que agrupa a entidades e asociacións memorialísticas, esixe das autoridades competentes a "pronta e fonda investigación sobre o acontecido", e que se establezan as medidas e sancións correspondentes. A agrupación de entidades de recuperación da memoria condenaron a través dun comunicado o atentado ao monumento ademais de denunciar"a gravidade do acto, en claro desprezo á dignidade das persoas vítimas do franquismo, na defensa das liberdades e da xustiza social, como da orde constitucional naqueles intres". Mostran tamén o seu apoio á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, que promoveu o monumento, e préstanse a participar nas iniciativas que se presenten para "poñer en valor" este espazo da memoria da comarca do Morrazo que definen como "símbolo da recuperación da dignidade colectiva". O monumento apareceu esta terza feira pintado coa bandeira española e a aguia imperial coa lenda "los perdedores fuera de España". As pintadas foran realizadas o día despois da celebración na igrexa vella de Marín dun acto de exaltación falanxista.
NOS_44545
O concello de Pontevedra é finalista como mellor proxecto europeo de aforro enerxético nos X Premios Europeos de planificación urbana e rexional. O concello conseguiu a redución de máis dun 60% no consumo de combustíbeis fósiles.
O modelo de transformación urbana de Pontevedra recibe un novo recoñecemento por parte do presidente do xurado dos X Premios Europeos de planificación urbana e rexional, Peter Wiber, quen destacou a candidatura da cidade galega pola súa sustentabilidade enerxética. A redución de máis do 60% no consumo de combustíbeis fósiles foi especialmente valorada diante doutros proxectos urbanísticos. O alcalde de Pontevedra iniciou unha viaxe por distintos lugares de Europa focada á expoñer o modelo de cidade que tivo na súa primeira xornada unha cita importante en Bruselas, onde falou da diminución de espazos urbanos con automóbiles como medio para a eficiencia enerxética. O foro que convoca os premios está avalado polo Comité das Rexións da UE"O feito de estar seleccionados entre vinte lugares destacados en Europa pola súa aposta pola sustentabilidade é un éxito e un orgullo. Con estas accións imos posicionando o nome da cidade entre os especialistas en urbanismo, mobilidade e desenvolvemento sustentable", destacou Lores nun encontro no que tamén se deron cita cidades como Colonia, Burdeos, Grenoble ou Limburg. Wilberg destacou de Pontevedra na súa visita á exposición a potenciación dos espazos peonís ou a eliminación de barreiras. A diferencia das outras candidaturas que presentaron proxectos aínda en vías de desenvolvemento, a de Pontevedra levou ao foro un modelo xa consolidado, o que lle deu menos posibilidades no certame mais serviu para recibir eloxios e difundir a proposta no foro.
NOS_48985
Pontón (BNG) ínstao a defender os intereses de país e a abordar "de ti a ti" con Madrid un novo financiamento. Luis Villares (En Marea) criticou a falla de vontade de Xunta e goberno español para que Galiza estea nunha infraestrutura tan determinante como o corredor atlántico. Unha falla de vontade que Xaquín F. Leiceaga (PSdeG) tamén reprochou ao presidente no que atinxe a AP9.
O Parlamento acolleu esta terza feira unha nova sesión de control ao presidente, unha comparecencia que o presidente despacha como un simple trámite e no que se centra máis en atacar a oposición que en responder as preguntas que lle formulan os portavoces dos grupos parlamentares. Independentemente das cuestións que se lle vaian a formular, pódese apostar case sobre seguro que na quenda do presidente non faltarán as referencias pexorativas ao 'bipartito' (para o BNG), aos pasados gobernos do PSOE (para o PSdeG) e ás desavenencias e conflitos internos das marés (a En Marea). A primeira pregunta correspondeu a Ana Pontón (BNG), que tras criticar o recorte do PP na ILP pola tarifa eléctrica galega e a suba de peaxes na AP9, instou o presidente a que se posicionase sobre o debate de financiamento. A portavoz nacional valorou como negativo o actual modelo, prexudicial para Galiza, que recibe moito menos do que achega. "Nestes 5 anos hai un déficit de 10.000 millóns de euros en sanidade e educación", indicou, propoñendo a Feijóo que defenda un modelo xusto para Galiza "de ti a ti". Non semella polo labor o mandatario de Monte Pío. "Déixense de ideoloxías que van contra o país", díxolle a Ana Pontón. Acusou o BNG de, en financiamento, defender "un disparate" e afirmou que "o peor dos agravios para Galiza sería aplicar os criterios nacionalistas ao financiamento", cargando contra "o conto das balanzas fiscais". Fernández Leiceaga (PSdeG) pediu a Núñez Feijóo que "dese a batalla" polas infraestruturas de Galiza, facendo fincapé na AP9 e no corredor atlántico con Europa. O socialista instou o presidente a se mover nestes temas, ofrecendo a colaboración do PSdeG para conseguir avanzos para o país. Feijóo responsabilizou os socialistas de asinar covenios coa AP9 que saíron caros ás persoas usuarias, así como de ser eles quen deixaron Galiza fóra do corredor atlántico. Sobre o corredor atlántico tamén lle preguntou Luis Villares, unha infraestrutura que cualificou de crucial para a economía galega. Porén, afirmou, desde o estado español e goberno galego están a se conducir con desleixo nun tema de tanta importancia para o país. Non hai vontade política, lamentou o portavoz de En Marea, que atacou Feijóo ("con F de fracaso") por non se mollar na defensa dos intereses de Galiza.
NOS_19116
O presidente da Xunta admite en público o que é unha evidencia. Os servizos de urxencias dos hospitais públicos están desbordados, tal e como veñen denunciando nas últimas semanas a representación dos traballadores dos centros da Coruña, Vigo ou Compostela. "Por suposto que hai cousas que mellorar", afirmou na comparecencia de prensa posterior ao Consello da Xunta.
O cadro de persoal dos diferentes centros públicos denuncia a situación e considéraa consecuencia, sobre todo, das políticas de retalladas e austeridade que os gobernos de Feijóo aplican con constancia desde 2009. Doentes amoreados nos corredores, horas e horas de espera ate a primeira revisión médica e quendas de traballo pouco razoábeis son os principais motivoas de protesta dos empregados e empregadas do Sergas. Para Feijóo, porén, afirmou que o persoal traballou ao "100%" e mesmo houbo reforzos. Puxo o ramo á súa opinión cun argumento usual do seu repertorio, ao recomendar a poboación e pacientes a facer un "uso responsábel" das urxencias. Tamén situou o colpaso das mesmas no ronsel das vagas de gripe do inverno.
NOS_54623
En agosto do 2000 a vida de Avelino Basanta (Muimenta, 1977) cambiou para sempre logo de que un accidente lle custase unha perna, así como moitas outras secuelas físicas. Porén, a desgraza non impediu que perseguise o seu soño de pór un pé no mundo do rally, paixón que compaxina coa solidariedade.
Como foi a súa primeira toma de contacto co mundo do rally? Foi grazas a un amigo meu que ía dar o salto a un volante aló polo ano 2005, pero non tiña copiloto, así que ofrecinme eu e el animoume a que o fixese. Era un mundo que xa lle chamaba a atención ou xurdiu o interese a raíz desa oportunidade? Non, a velocidade sempre me gustou. De feito xa quixera participar no Campionato da Galiza de Karts no ano 1999, pero xusto daquela prohibiran os circuítos urbanos e a cousa quedou aparcada. Sempre tiven iso na cabeza, aínda que o rally víao moi lonxe, porque é un mundo moi caro e parecíame algo inalcanzábel. Que é e como xurdiu a Asociación Cultural e Deportiva Basanta Motor Sport? Foi un proxecto que naceu coa idea de poder axudar aos demais con base na miña experiencia. Porque, e con respecto á xente con discapacidade, saben que é o que necesitan en relación co automóbil? Hai moitas persoas que non teñen carné de conducir, pero que non saben se serían capaces, e nós intentamos darlles un pouco de esperanza nese eido. A raíz dos nosos cursos moitas animáronse a sacar o permiso. Por exemplo, un individuo que padecese un accidente como o meu atoparíase con que non hai nada preparado para dicirlle se está capacitado para conducir ou non, simplemente mandaríanlle facer un psicotécnico e xa aí segundo o que diga Tráfico. Tamén comezamos a traballar con xente maior, porque viamos necesario que se reciclasen cada pouco tempo, porque hai moitos anos que sacaron o carné de conducir e está claro que os psicotécnicos non están cumprindo coa súa función, pois todo cambia: os sistemas de seguridade... absolutamente todo. Ademais, e a raíz de ir impartindo estes cursos, abrimos as nosas ferramentas a condutores e condutoras noveis, ás que lle ensinamos tolerancia á hora de conducir. Outra das batallas que está vostede levando a cabo é a de loitar para conseguir espazos adaptados para que xente con diversidade funcional poida asistir como publico aos rallys nas condicións máis dignas posíbeis. Como vai esa guerra? Esa é unha loita bastante dura, porque representa un problema de custos para unhas escuderías que xa están bastante axustadas economicamente, e máis tal e como están as cousas coas pelexas entre a Federación Galega e a Española. Houbo unha época na que cheguei a un acordo con varias escuderias, que me axudaron habilitando unha zona onde poñer unha zona segura e uns aseos, que é algo que pode parecer que non, pero que é moi importante, especialmente para unha persoa con discapacidade. E quero aproveitar isto para lembrar Carlos Íñiguez, que faleceu a semana pasada e que era o presidente da Escudería Miño-Lugo cando levamos a cabo esa iniciativa. Estoulle moi agradecido pola súa colaboración, porque foron varios anos nos que nos permitiron desenvolvela. Que apoios e que obstáculos se atopou neste duro rally que leva vivindo desde que tivo o accidente e que dura xa case 20 anos? Os obstáculos están, principalmente, no referente á adaptación, porque non hai practicamente nada adaptado. Eu, cunha zona que teña unha pequena explanada para que a xente non corra perigo, un bar, uns baños adaptados... xa me conformaba, porque non custaría tanto facelo e permitiría que moita máis xente puidese ir a este deporte. Pero aínda así persoalmente non teño queixa, porque teño moitas persoas ao meu lado que me axudaron, e ademais eu sonche bastante cabezón e sempre, por un ou outro modo, logrei o que quixen. Onde están as súas liñas de meta de cara ao futuro? Agora co tema da pandemia da Covid-19 parei un pouco todo o asunto, pero no futuro gustaríame volver ao rally, non como piloto, senón adquirindo un vehículo, adaptándoo e levar a cabo un proxecto que xa comecei xunto cuns amigos amantes dos rallys, a pesar de que temos o problema da falta de cartos. Estamos facendo unha porra nas carreiras do Mundial de Rally para que o gañador poida sen quen de correr unha proba do Campionato Galego, pero eu querería ir máis alá e facer unha iniciativa tipo Volante Deputación [que permite a unha profana na materia formarse e mesmo vivir desde dentro unha carreira histórica como é o San Froilán] pero para persoas con discapacidade, para que poidan probar o que é correr nun coche de rally. Tamén dar charlas en escolas, institutos, se me seguen chamando... todo o que sexa axudar, porque a min déronme unha prórroga na vida e teñp que aproveitala.
PRAZA_15284
Carlos Callón presenta o seu novo libro, un volume con "consellos prácticos" para empregar o idioma "con corrección e fluidez" na vida cotiá. Audio no interior
Como pasar de ser "galegocalante" a exercer de "galegofalante"? Hai "palabras inventadas" na lingua galega? Por que agora é "grazas" e non "gracias"? Que dis cando dis "matar o rato"? Son algunhas das preguntas que é posible responder coa lectura de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, o novo libro de Carlos Callón que vén de saír do prelo de Xerais e que o seu autor presenta como un manual de distendida "autoaxuda" cun obxectivo "cívico": empregar axeitadamente o idioma propio na vida cotiá. Cun bo feixe de "consellos prácticos" a obra do tamén presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística aborda dúbidas que poden asaltar tanto a quen emprega o galego habitualmente como a quen dá o paso de convertelo na súa lingua habitual. Así, Callón parte da base de que "todos e todas sabemos máis galego do que pensamos" para, por exemplo, tentar desterrar erros como utilizar escoba no canto de "vasoira" ou prexuízos como o lugar común das "palabras inventadas". Mediante exemplos doados ou mesmo a través de anécdotas, Callón explica, por exemplo, o momento no que descubriu que "avó" e "avoa" son termos que xa empregaban os pais dos seus pais ou que costilleta non existe en castelán, senón que é unha mala tradución da forma galega costeleta. Callón lembra que a normativa do galego "non é tan nova", de feito "é máis nova a do español" Ligado con esas verbas que non teñen nada de "invento" o autor dedica tamén parte do seu libro á "explicación" dunha normativa "que xa non é tan nova" -foi fixada pola Real Academia Galega en 2003-, de feito "é máis nova a do español". "Só as linguas mortas nin senten nin padecen", evidencia, para contrastar a situación do galego coa de, por exemplo, o latín, no que xa non muda nada porque é xa unha peza só destinada ao estudo, pero non ao seu uso no día a día. Neste sentido, Callón anima tamén na obra a "restaurar" as formas lingüísticas "xenuínas" do noso idioma. Faino nun apartado cun suxestivo título: Non mates o rato, que non ten culpa, mostra de que "matar o rato" en galego só significa rematar coa vida dun roedor, non agardar a que pase o tempo. Esta, di, é unha expresión equivalente a empregar from lost to the river para traducir a frase castelá "de perdidos, al río". O director de Xerais, Manuel Bragado, avanza que a editorial está xa a preparar a segunda edición dun libro que, di Callón, sería ideal que, nun futuro, só fose "útil para persoas de fóra", o cal querería dicir que a poboación de Galicia que actualmente está na escola obtén unha capacitación suficiente na lingua propia do país. Tampouco lle viría mal botarlle unha lectura a boa parte dos dirixentes políticos de Galicia, cuxas incorreccións "din moito deles e delas" xa que, dada a formación da maioría, o emprego incorrecto do galego equivale a "desprezalo". O propio presidente da Xunta, por exemplo, di, "sabe que non se di crisi" pero, aínda así, continúa empregando ese termo. Ficha do libro en Xerais
NOS_8070
Insta á Xunta a incoar un expediente disciplinario
O BNG, a través do deputado Luís Bará, presentou no Parlamento galego durante a xornada de onte unha proposición Non de Lei para reprobar a actuación do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, quen recentemente foi condenado a dous anos de prisión e oito de inhabilitación para o exercicio de cargo público polos delitos de prevaricación e fraude na "adxudicación fraudulenta" das obras de construción do campo de fútbol de Moraña. Esta reprobación, apuntou Bará, "susténtase, mais alá da gravidade dos feitos e da severidade da condena xudicial, pola exemplaridade e o código ético que deben rexer a actuación dos representantes públicos". Na mesma iniciativa ínstase á Xunta da Galiza a incoar expediente disciplinario ao presidente da Federación Galega de Fútbol e a adoptar "as medidas preventivas acordes coa gravidade dos feitos que deron lugar á sentenza xudicial". Desde a formación nacionalista engadiron que Rafael Louzán, "coa complicidade e conivencia da Presidencia da Xunta, segue exercendo como presidente da Federación Galega de Fútbol, o que implica xestionar centos de miles de euros de fondos públicos e tomar decisións en relación con feitos como os que acarrearon a súa condena". "Máis alá da valoración legal e de que a sentenza non sexa firme, estamos a falar de feitos de extrema gravidade e que son censurábeis desde o punto de vista da moralidade, da ética e da exemplaridade con que deben actuar as persoas que teñen responsabilidades públicas", destacou. "Máis aínda se cabe nun ámbito como o deportivo, no que as persoas dirixentes deben ser exemplo para a sociedade e para as xeracións máis novas", afirmou un Bará que apelou ao artigo 57 da Lei do Deporte, "que permite intervir nun caso como este".
NOS_32274
A presión fiscal ás rendas medias e baixas na Galiza está por riba da media
Esta semana arrancou a campaña de Renda e Patrimonio 2020. Milleiros de galegos e galegas están chamadas a render contas coa Axencia Tributaria. Mais a falla de uniformidade nos tipos impositivos dos distintos territorios, cuestión que desde o Goberno estatal queren abordar, fai que non paguemos o mesmo que en Asturias, cunha alta presión fiscal, ou en Madrid, que presenta a máis baixa do Estado español. No caso concreto da Galiza, o informe "Panorama fiscal autonómico de 2021" presentado esta semana polo Consello Xeral de Economistas Asesores Fiscais (Reaf), sitúa o país entre os territorios cuns marxinais máis moderados en comparación coa media, moi preto dos de Madrid e na liña dos de Castela e León, Andalucía e Murcia. O tipo mínimo sitúase en 19%, que é o que presentan a maioría dos territorios. Só Madrid e A Rioxa (18,5%) e Nafarroa (13% no seu réxime fiscal) teñen valores máis baixos. Así, unha persoa cuns ingresos anuais de 30.000 euros por rendementos do traballo na Galiza pagará na Renda do ano que vén 4.949 euros, deducións á marxe. Só en seis territorios pagaría máis (Catalunya, Aragón, Illes Balears, Estremadura, Nafarroa e Asturias). Rendas altas A pesar da suba de dous puntos no IRPF para as rendas do traballo a partir de 300.000 euros incluída nos orzamentos para 2021 do Goberno de Pedro Sánchez, Galiza será un dos territorios cos tipos máis baixos para as rendas altas (o tipo máximo é de 47%). Lonxe están os do País Valenciá (54%), que eleva este tipo tanto para rendas altas como para patrimonio, ou Catalunya (50%), que aínda que tamén incrementa os impostos ás rendas máis altas non ten impacto no tipo marxinal. Neste escenario, unha persoa con rendementos de traballo superiores a 300.000 euros anuais pagaría de IRPF na Galiza 122.967 euros, case 13.000 euros menos que no País Valenciá. Só en Madrid e nas dúas castelas, as persoas que cobran grandes salarios pagan menos impostos que na Galiza. A progresividade dos impostos aos rendementos do traballo é, pois, moito máis suave na Galiza que noutros territorios do Estado español. Porén, o Goberno estatal quere ir mitigando esas diferenzas. De aí a suba do tipo máximo do IRPF, que territorios como Catalunya aproveitan para incrementar aínda máis, e tamén as modificacións no imposto de Patrimonio ─que grava as posesións─ e que afectará a Aragón, Canarias, A Rioxa, Castela e León e Castela-A Mancha. As fortunas galegas salvan novamente da queima. Así, unha persoa cun patrimonio de 800.000 euros tributaría polos seus bens 200 euros na Galiza, nada que ver cos valores que pagaría esa mesma persoa en Aragón (1.164 euros), Estremadura (1.099 euros) ou o País Valenciá (909 euros). Con todo, os economistas destacaron a excepcionalidade do caso español, xa que é un dos poucos estados que mantén esta figura impositiva, derrogada no resto de Europa e de extraña convivencia co Imposto de Sucesións, como destacou Valentín Pich, presidente do Reaf.
PRAZA_12946
Un NPC terá que superar as súas propias encrucilladas. As próximas eleccións autonómicas son unha delas. A fasquía das posibles candidaturas, pero tamén, sobre todo, un programa que defender nas institucións. E asemade, a gran determinación: ou se lle dá a luz a un partido máis do sistema, unha maquinaria electoral con maior ou menor fortuna, ou nace unha organización política alternativa determinada a conquistar a hexemonía social. O NPC podería materializar a esperanza se se formula como un instrumento de intervención social e política e cultural dunha maioría social necesitada de transformar as cousas ao seu favor.
En tempo de tribulación, non facer mudanza. En tan sabia sentenza de Ignacio de Loyola, poida que algo de verdade haxa, se nos guiamos pola capacidade xesuítica de resistir os embates dos tempos adversos. Tamén na política callou, se cadra porque os beneficios de non facer mudanza apuntan mellor na conta da organización ca na das multitudes. Ao pobo non sempre lle acae ben que se lle apliquen máximas tan conservadoras. A verdade nunca é igual de verdade para todas as clases sociais, sempre sometidas a un antagonismo irresoluble, por moito que sexa pronunciada por un home sabio tocado pola graza da divindade. Para a esquerda, o tempo de tribulacións é o que esixe talvez mudanza máis radical. Porque a esquerda non é conservadora. Ou non debe selo Para a esquerda, o tempo de tribulacións é o que esixe talvez mudanza máis radical. Porque a esquerda non é conservadora. Ou non debe selo. Outramente, pasaría nun pestanexo á profesión de fe, e a relixión é principal inimiga da razón. Non mudar é soamente resistir. Moitas veces, nin iso; simplemente observar desde abeiros aparentes como a tormenta o destrúe todo e non mover un músculo máis aló das certezas íntimas. A resistencia ao redor das conquistas, sobre todo das ameazadas, é vitalmente necesaria; é absurdo desprezala, como a miúdo se fai, mais é inevitable combinala con avances, con pasos adiante esixidos pola conciencia das necesidades. Cando o poder agudiza a súa presión e se manifesta intolerablemente agresivo para modificar a prol dos seus intereses as condicións de vida material e inmaterial da maioría social, o tempo esixe mudanza e audacia. E mudar non significa renunciar. Todo o contrario. A mudanza descobre unha profunda determinación de non renunciar non xa ás conquistas sociais senón á propia necesidade dun mundo novo, dunha organización social que supere as peores condicións do sistema vixente: explotación, dominio e control. Aínda que a súa determinación implica riscos evidentes, non houbo renuncia no Encontro Irmandiño Cando un grupo de militantes aglutinados pola figura de Xosé Manuel Beiras decidiu abandonar o BNG e ensaiar a posibilidade dun Novo Proxecto Común (NPC), pareceu abrirse unha regaña de esperanza nalgúns ámbitos máis ou menos organizados á marxe do nacionalismo hexemónico. Esperanza para dar cun instrumento que permita actuar eficazmente nunha Galicia abafada por un goberno moi conservador e nada proclive a asumir o feito nacional galego como punto de partida da súa acción política. Aínda que a súa determinación implica riscos evidentes, non houbo renuncia no Encontro Irmandiño. Pódese aludir a intereses mesquiños, pero ademais de inxusto será politicamente irrelevante e non dará explicado o proceso, que debera ir máis alá dun simple desacordo no tocante a modelos organizativos e ao reparto de poder interno. En realidade, abriuse fóra do abrigo do BNG, alá onde sempre foi moito frío, un proceso político que lle afectará ao nacionalismo e á esquerda. Para ben ou para mal, xa se verá, porque toda determinación política incorpora múltiples riscos, sobre todo en tempos de tribulación, nos que, segundo Ignacio de Loyola, o conveniente sería non facer mudanzas. Tempos de tribulación para Galicia, claro, e para as clases subalternas, para todos os homes e mulleres obrigados a vender a súa forza de traballo, non importa a que prezo nin baixo que modalidades. Os tempos esixen acción, dar pasos, ensaiar novas fórmulas de intervención social, política, cultural, novos modelos organizativos máis eficaces e ambiciosos. Non só resistir, senón avanzar sen renunciar a nada, esixir o imposible, non morrer de parálise nos corredores escuros das institucións sen experimentar o frío e a calor das rúas mentres se asiste á desestruturación da nación galega e tamén das multitudes, do proletariado do mundo enteiro. Romper a normalidade, arriscarse na audacia, mudar para avanzar, poñer un instrumento na man e no cerebro colectivo dun suxeito activo para transformar o mundo, todo iso carrexa o risco da equivocación. Pero a inmobilidade permanente, por moito que estea protexida por profundas e admirables conviccións, condena ao fracaso. Un NPC terá que superar as súas propias encrucilladas. As próximas eleccións autonómicas son unha delas Un NPC terá que superar as súas propias encrucilladas. As próximas eleccións autonómicas son unha delas. A fasquía das posibles candidaturas, pero tamén, sobre todo, un programa que defender nas institucións. E asemade, a gran determinación: ou se lle dá a luz a un partido máis do sistema, unha maquinaria electoral con maior ou menor fortuna, ou nace unha organización política alternativa determinada a conquistar a hexemonía social. O NPC podería materializar a esperanza se se formula como un instrumento de intervención social e política e cultural (se é que podemos delimitar fronteiras entre eses tres ámbitos) dunha maioría social necesitada de transformar as cousas ao seu favor. A favor dos seus intereses, que adoitan ser incompatibles co que os políticos profesionais denominan "interese xeral". Un instrumento de transformación, ou sexa, de esquerda, novo, diferente aos tradicionais aparellos de intervención institucional, que xurda abaixo e se vaia facendo carne en asembleas, que exprese as necesidades e os desexos populares máis aló das condicións conxunturais de cada proceso electoral. Plural e con obxectivos de unidade. Loxicamente, esa aspiración non casa con vetos ideolóxicos. Negarse, por exemplo, a lle conferir á posición independentista e de esquerda da FPG a presenza que esta forza política e os seus ámbitos culturais e sociais representan sería pexar toda posibilidade de alumar unha organización verdadeiramente eficaz Negarse, por exemplo, a lle conferir á posición independentista e de esquerda da FPG a presenza que esta forza política e os seus ámbitos culturais e sociais representan sería pexar toda posibilidade de alumar unha organización verdadeiramente eficaz. Empobreceríaa. Caracterizaríaa cun anticomunismo tan estúpido como absurdo e arredaríaa definitivamente de posicións de esquerda real para arrombala nun recanto estreito dos andeis do sistema e do réxime. Tamén outras organizacións e colectivos poden enriquecer unha nova organización, incluída, por que non, a cultura política e de loita obreira ligada ao PCG e a IU. A esperanza dun NPC materializaría se cristaliza un novo modelo de participación política para o suxeito colectivo que ten que protagonizar os procesos emancipatorios. Porque, ou falamos de emancipación, ou toda aventura política institucional carece de sentido. Emancipación social e nacional como programa de mínimos para o acordo entre diferentes sensibilidades e tradicións políticas, coa determinación de actuar para modificar o curso da historia. Ou a organización resultante do proceso é un instrumento de emancipación útil e eficaz, ou devén nun vulgar mecanismo de autorreprodución. E para chegar a ese porto non era necesaria ningunha viaxe Non abonda con ser espectadores de privilexio. Ou a organización resultante do proceso é un instrumento de emancipación útil e eficaz, ou devén nun vulgar mecanismo de autorreprodución. E para chegar a ese porto non era necesaria ningunha viaxe. Que en tempos de tribulación haxa movementos é positivo. Que grupos de cidadáns e cidadás se preocupen por dotarse de instrumentos políticos adecuados é bo sinal. Cada movemento social, por inxenuo, espontáneo ou embrionario que sexa, expresa sempre realidades e tendencias que cumprirá saber interpretar. As relacións sociais viven en continua tensión dialéctica. Obviar esa tensión é unha posibilidade política, pero non serve para suprimila. As clases e as nacións subalternas son vítimas dunha vaga brutalmente agresiva que non nace na maldade das persoas senón na lóxica implacable do sistema. A esa lóxica só se pode responder coa lóxica da emancipación, e para iso son precisas organizacións áxiles, audaces, con capacidade de análise e de intervención. Sempre será preferible enganarse por actuar que agardar a que o mundo complete as súas voltas coa perfección do círculo. A historia esixe intervención, e o ceo asalto. O sistema non caerá polo seu propio peso, aínda que as súas contradicións cada vez máis agudas axuden a comprender as súas debilidades. A esquerda necesita reconstruírse, e iso non implica renunciar aos proxectos de emancipación nin á determinación de levantar unha sociedade sen explotación e sen clases As multitudes están espidas, o proletariado fragmentado e desfigurado, a subalternidade social e nacional é a estratexia dun poder que aspira á perfección mesmo prescindindo da humanidade na súa loucura acumulativa e destrutiva. A esquerda necesita reconstruírse, e iso non implica renunciar aos proxectos de emancipación nin á determinación de levantar unha sociedade sen explotación e sen clases. Todo o contrario; reconstruírse, mudar, dotarse de mellores e máis eficaces instrumentos, eis o máis elevado dos compromisos coas causas da emancipación social e nacional. A mudanza non é traxedia. A traxedia sería morrer na contemplación do mundo na súa órbita elíptica.
NOS_31612
Volven descender en máis de 400 as PCR feitas en 24 horas, pero a positividade é inferior a 5% na maioría das áreas sanitarias do país.
Os positivos por coronavirus detectados nas últimas 24 horas na Galiza volveron caer, concretamente até os 355, o que supón unha baixada de 71 con respecto á cofra notificada hai un día. Con todo, rexistráronse subidas na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, en Pontevedra-O Salnés e, aínda que en menor medida, na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras. En concreto, segundo o parte deste sábado da Consellería de Sanidade, con datos solicitados até as 18 horas da sexta feira, en todo o territorio de Ourense se detectaron 17 novos contaxios de covid-19 nun día. Isto implica unha pequena suba de dous con respecto aos 15 do día anterior, pero que a mantén como a área sanitaria menos afectada. Onde si subiron en maior medida os positivos diarios é na área sanitaria de Lugo, con 61 novos casos -30 máis-, e na de Pontevedra-O Salnés, que volveu a rexistrar un descenso con 55 positivos novos -catro máis-. En canto ao resto de áreas, experimentaron caídas substanciais. Así, Vigo continúa como a que máis casos notificou nun día, con 74 novos contaxios detectados, pero implica caer en 41 con respecto ao parte anterior. De igual modo, a da Coruña-Cee sumou 73 positivos, o que supón unha baixada de 18. Así mesmo, descenderon as infeccións diarias na área sanitaria de Santiago-Barbanza, con 39 novas (-18); e na de Ferrol, con 36 (-30). Volven baixar as PCR realizadas Os datos publicados por Sanidade este venres tamén reflicten que até o momento se realizaron na Galiza un total de 887.679 probas PCR, o que implica que nas últimas 24 horas se levaron a cabo un total de 7.005, outro descenso -de 417- con respecto á xornada anterior. Con todo, a taxa de positividade volveu a baixar unhas décimas con respecto ao venres, até o 5,6%, aínda que é unha cifra aínda superior ao 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Iso si, por baixo deste limiar se sitúan até catro áreas sanitarias: Ourense (2,4%), Santiago (3,7%), A Coruña (3,9%) e Ferrol (4%). Por enriba tan só están as de Vigo (5,5%), Pontevedra (10,6%) e Lugo (12,4%). Casos activos En canto aos casos activos -persoas que aínda están diagnosticadas da enfermidade-, este sábado volveron a experimentar unha caída de 241 con respecto ao venres, até colocarse nos 8.211 pacientes.
PRAZA_3670
Está claro que asistiremos mais unha vez a un menoscabo dos nosos dereitos que non voltarán. Mais temos que ser quen de aproveitar ao máximo os buraquiños que nos deixa o sistema para tratar de mudalo
Na semana pasada, antes de que comezasen as rápidas (mais tardías) mudanzas da grave crise que estamos a viver, íamos recibindo aos poucos noticias de como ían pechando, a golpe de resolucións municipais, museos, teatros e bibliotecas en toda a Galiza e Portugal. Días antes de pechar os bares e discotecas pecharon as salas de exposicións. As que xa vivimos o apagón cultural de 2010 xa percibimos que non ía ficar por aí.Neses días o cabreo foi maiúsculo: pechar museos, centros de arte e salas de exposicións mentras seguiamos tendo bares e centros comerciais ateigados de persoas, non parecía unha boa medida para frear ningunha pandemia. Por desgraza, nunca ante as paredes dos museos do noso país se concentraron máis persoas ca nun after calquera da periferia das nosas cidades.Se unha cousa sabemos os que traballamos na cultura e que aprendimos ben na última crise económica-emocional, é que o que se leva a crise nunca máis voltaO Presidente da Xunta da Galiza após o Consello Extraordinario da sexta feira (dia 13) apresurou unha comparecencia para mover ficha antes ca Pedro Sánchez, e de paso gañar o primeiro pulso. Nela debullou o conteudo do seu Plan Territorial de Emerxencias polo que, entre outras cousas, impuxo o peche dos locais de restauración a partir desa mesma media noite.Mais días antes, os peches en cultura foron sucedéndose cun efeito dominó. Tanto, que os que habitamos nese mundo pasamos a semana a recibir notificacións de cancelación e adío de eventos, concertos, apresentacións e exposicións como un bombardeo por varias frontes en forma de emails ou notificacións das diferentes redes sociais.En cada email e en cada cancelación de evento do Facebook podíase até cheirar a frustración e a tristeza: xiras de bandas canceladas, compañías de teatro que estacionaban a furgo, itinerancias de exposicións interrumpidas, libros que non se apresentaban... grandes esforzos que nunca verán a luz, ilusións que se foron para sempre e traballo en balde que xa non terá frutos. Porque se unha cousa sabemos os que traballamos na cultura e que aprendimos ben na última crise económica-emocional, é que o que se leva a crise nunca máis volta.En tres días, moitas de nós vimos como as nosas precarias axendas laborais desapareceron e como o primeiro en cair era aquelo que sempre nos din que é imprescindíbel: a cultura. Inxentes esforzos de montes de equipas e proxectos de meses de traballo foron finiquitados como a primeira vítima para acalmar a unha sociedade coa ansia de ser controlada polos seus líderes, chegando a xustificar que nos espazos culturais a afluencia de persoas podía constituir un vector de contaxio.Xa no fin de semana o Presidente do Goberno do Estado decretou o Estado de Alarma con todas as privacións de liberdades colectivas e individuais e os recortes de dereitos cidadáns que xa coñecemos. Ese mesmo sábado, as que ainda estábamos lambendo as feridas do duro golpe, asistimos á viralización de whatsapps de convite a festas en pubs e afters nas nosas cidades a porta pechada. Até o punto de poder escoller varios en cada unha (como en Vigo, A Coruña, e Compostela) e tamén nalgunha vila (como O Barco, Narón ou O Carballiño). É evidente que non foron festas co descaro das do Cais do Sodré en Lisboa ou as de Cedofeita no Porto, mais Portugal, ainda tendo pechados tamén os espazos culturais, só estaba en cuarentena voluntaria recomendada polo seu goberno e non nun Estado de Alarma con claras proibicións con respecto aos locais de lecer nocturno.A ninguén se lle escapa a fráxil situación económica da nosa cultura en case todas as disciplinas. A multiespecialización e a autoexplotación marcan o traballo na culturaNesa rolda de prensa do sábado, Pedro Sánchez adiantaba tímidamente (e sen aprofundar) axudas económicas a autónomos e á cultura deixando para tres días despois o anuncio das medidas económicas que en grande parte serán para a propia administración e para as empresas e que xa o sindicato maioritario na Galiza, a CIG, valorou como insufucientes. Nese paquete de medidas nin unha mención ás industrias culturais. Mais o de "industrias" ainda é un apelido que lle fica grande á maior parte da nosa cultura. A precariedade na que traballamos é proporcional ao amor que sentimos polo que facemos. A ninguén se lle escapa a fráxil situación económica da nosa cultura en case todas as disciplinas. Calquera pode imaxinar como son artelladas as xiras de moitas das bandas galegas en base a unha rede de contactos e afectos, ou como se manteñen os festivais de artes plásticas con apoio no altruismo, persistencia e paixón dos e das que neles traballamos. Traballadores e traballadoras que en moitas ocasións nin chegan a ser autónomos, canto menos contratados. A multiespecialización e a autoexplotación marcan o traballo na cultura. As nosas xornadas laborais e as nosas retribucións están moi lonxe desa cultura-espectáculo sobrevalorada (e sobrapagada polo propio público). A cultura real está no noso país condenada a vivir na inestabilidade dos apoios institucionais que nunca aseguran a continuidade dos proxectos alén dunha lexislatura. A inexistencia dunha tradición do mecenazgo empúxanos aos xestores culturais a mendigar nas portas de palacio rebaixando partidas para que o proxecto saia adiante. Así, a fraxilización é tal, que non son precisos grandes furacáns, unha airexa é suficiente para tumbar a moitos dos axentes implicados e as súas axendas, e con elas, parte das programacións culturais.Quizais esta crise nos impulse a repensar o significado da nosa vida nunha especie de novo orde mundial no que debemos, obrigatoriamente, ollar máis cara adentro. Nese retiro ao que nos confinan (a unhas mais que outras, pois os e as obreiras non son merecedoras de cuarentenas) poderíamos pensar non só naqueles aos que aplaudimos por facer o seu traballo. Podemos é facer un grande exercicio de empatía coas verdadeiras vítimas destas (e de todas) as crises, esas que agora están disponibilizando os seus arquivos en internet, a dar workshops de balde ou a dar concertos in streaming para encher de arte e ritmo este momento ao que nos enfrontamos.Está claro que asistiremos mais unha vez a un menoscabo dos nosos dereitos que non voltarán. Mais temos que ser quen de aproveitar ao máximo os buraquiños que nos deixa o sistema para tratar de mudaloPodemos tamén pensar na Amalia que ten dúas fillas ás que mantén limpando en varias casas e que agora, cos colexios pechados, tivo que autodespedirse dos empregos precarios para precarizase ainda máis. No Antonio que axuda cos inxertos e en chapuzas diversas para poder pagar unha hipoteca da que non se da recuperado desde a anterior crise. Nas sen teito e as inmigrantes nun Estado de Alarma que deixa manga ancha ás policías e ao exército nunhas rúas libres de smartphones vixiantes. Nas traballadoras da louxa valdeorresas que non son abenzoadas coa cuarentena e que están costumadas a traballar sen máscara, non agora polos virus, senón polo pó que lles cava a silicose nos pulmóns. E é que o sistema sempre se apaña para que a crise sempre a paguemos as mesmas.Pode que esta crise nos devolva unha normalidade diferente, un renacer distinto. Está claro que asistiremos mais unha vez a un menoscabo dos nosos dereitos que non voltarán. Mais temos que ser quen de aproveitar ao máximo os buraquiños que nos deixa o sistema para tratar de mudalo, como as formigas que constrúen novos túneis en terra dura. De novo veremos o capitalismo a se reinventar e desta volta ten tempo: estamos fóra de plano e a atender a feroces virus postapocalípticos.
NOS_7794
Seguramente o mellor disco de metal que escoitaremos en 2022
I é o novo traballo de Arrhythmia e seguramente o mellor disco de metal que escoitaremos en 2022. Estou gratamente sorprendido co novo traballo dos nosos amigos lucenses. Soa fresco, duro, dixital, mesturado coa forza das guitarras analóxicas, e é ademais, moi melódico. Sempre dixen de Arrhtythmia que eran unha banda xigante a que só lle faltaba unha cousa: ter un hit potente, esa canción que todo o mundo cantaruxea pola mañá ao espertar ou saíndo do concerto. Este disco ten varios, ímolo debullar de vagar. O primeiro mérito que cómpre salientar é que é un disco gravado na casa, en pandemia, a camiño entre Cecebre (Cambre) e Monterroso. Álvaro Barreiro, batería do grupo, foi o produtor xunto con Alberto Busto, cantante. Sorprende a enorme calidade técnica que ten. I comeza cun HIT con maiúsculas: "Espertei". Tema que subiron de anticipo e que xa nos avisaba que isto ía ser algo grande. Retrouso potentísimo e súper pegadizo, guitarras eléctricas, percusións dixitais, sintetizadores e un ambiente que fai un colchón perfecto para pór enriba da mesa un tema de actualidade: a problemática da saúde mental. Recomendo ver o videoclip, que é unha auténtica obra de arte do audiovisual e no que vemos caras coñecidas como a de Paula Chaves (Pauliña). O segundo corte leva unha liña similar, pero aquí a base electrónica colle máis forza e nas estrofas tira do rap en distintas cadencias, levándoo cara un retrouso melódico cunha voz moi gorda e grave que lembra ao raggamuffin. Moi guapo o cambio de ritmo e intensidade no medio do tema e no final do tema. O terceiro corte cambia de rexistro cara ritmos máis de festa, un chisco ao reggae, aínda que rapidamente as guitarras lle dan a forza do metal. Aquí Alberto mostra un gran dominio de voces. Ponlle o lazo a valenciana JazzWoman, cunha letra e un xeito que fan que o tema medre e se coloque como o segundo gran hit deste disco. Denuncia sobre a crise ambiental do Planeta cun videoclip que recomendo ver encarecidamente. "Tigres de bengala" é o nome do cuarto corte. Aquí vemos unha influencia de bandas como Bring me the horizon ou Enter Shikari, nunha canción con moita forza e unha estrutura de voces que nalgunha parte lembra a música techno dos 90. "A lei do medo" comeza como un tema de rap clásico e vai medrando. Para os que gostamos moito do rap metal, este é un tema que nos engancha dende o principio. Pero non queda aí, porque segue unha liña de metal actual cun sinte repetitivo que ambienta e fai de fío condutor. Gostei moito da letra. Pero non vou facer spoiler, que cadaquén lle dea o seu sentido. "Furacán" é un temón. Escuro, contundente e moi duro. Un tema que en directo pide un pogo violento cun retrouso que é unha bomba. Coro con puño en alto. O 3º hit do disco. Para as máis metaleiras seguramente o favorito do álbum. "Como sangro" continúa na liña do disco, pero non é un tema de recheo nin moito menos, xa que ten personalidade propia: o xeito das voces, as métricas de rap, as melodías… fan que enganche e a letra se memorice rapidamente. "Voltarán" remata un disco que dan ganas de escoitar en bucle. Cun toque a Linkin Park, ten un baixo e batería que esmagan. O mellor disco de metal que escoitei dunha banda galega en anos. Comezaron de xira o venres pasado facendo un bolazo na Malatesta, despois de ter que cancelalo varias veces por culpa da pandemia. Non agardedes para velos. Ten un bo título I, porque ese é seu sitio, o número 1.
NOS_22663
O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo estimou, de forma parcial, o recurso que interpuxera a Xunta polas accións administrativas de 2016.
O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo ditou unha sentenza en que anula a posta en funcionamento da área metropolitana. Desta maneira estimou parcialmente o recurso interposto pola Xunta da Galiza contra as actuacións administrativas relativas á constitución deste ente supramunicipal, por non estar integrada a cidade viguesa no plan de transporte metropolitano impulsado polo Goberno autonómico. A área constituiuse nunha asemblea que decorreu o 1 de decembro de 2016. Nesa reunión de traballo o que era alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, foi o encargado de revisar as certificacións dos edís porque era o membro de maior idade. Houbo certas dúbidas sobre posíbeis irregularidades nas credenciais de Moaña e Gondomar, así como diverxencia de pareceres respecto da non adhesión de Vigo ao plan de transporte da Xunta. Ante esta situación, Grandal suspendeu a reunión e os representantes do PPdeG marcharon. Porén, a cita continuou e Abel Caballero foi elixido presidente da Área Metropolitana, asunto que foi recorrido pola Xunta.Agora, o xuíz lembra na súa resolución que a lei da área metropolitana do ano 2012 nunca chegou a pórse en práctica e que foi posteriormente modificada, despois de que o Concello de Vigo e a concesionaria do bus urbano, Vitrasa, asinasen en xullo de 2016 un convenio coa Xunta para a integración da cidade no transporte metropolitano. Ese convenio implicaba que a empresa de transporte debía realizar as adaptacións tecnolóxicas necesarias e aplicar as tarifas pactadas. Ademais, na modificación da lei da área estabeleceuse que o concello olívico debía integrarse nese plan de transporte de forma efectiva, como condición previa á posta en marcha do ente supramunicipal. O maxistrado apunta que, sen esta integración no plan de transporte, o funcionamento da área metropolitana de Vigo "volvería ser, como catro anos antes da reforma (da lei), unha quimera".
NOS_43902
11 persoas permanecen nas unidades de coidados intensivos e rexístranse dúas novas mortes
Segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade, ante a última actualización dos datos rexístranse 884 casos activos de coronavirus na Galiza. Deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 permanecen na UCI (un menos ca onte), 66 están en unidades de hospitalización e 807 no seu domicilio. Polo de agora, na as persoas curadas na Galiza ascenden a 9.684 persoas curadas, e os falecementos a 612. Isto implica dous novos casos mortais, que se corresponden cun home de 79 anos que estaba ingresado no Chuac e unha muller de 88 que estaba ingresada no Chuo, ambos os dous con patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 133.153. Residencias de anciás O número de casos detectados en centros residenciais de servizos sociais da Galiza supoñen o 0,3% do total das persoas residentes, segundo sinala a Xunta. Na xornada de onte non se rexistraron falecementos nestas dependencias, co que se mantén a cifra en 271: 132 en residencias e 139 en hospitais e residencias integradas. Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
NOS_48390
A residencia de maiores de San Rosendo no Incio, que permanece intervida pola Xunta, non estuda o "fechamento" tras rexistrar un brote da Covid-19 que afecta un total de 113 casos, 87 residentes e 26 traballadoras e traballadores.
Os datos actualizados hoxe supoñen que case un de cada tres maiores está infectado de Covid-19 nesta residencia, ademais do persoal que atende as persoas usuarias, que suman outros 18 que se incorporan aos outros 8 infectados de anteriores probas. De momento, foron tres as persoas falecidas relacionadas con este surto. A pesar desta situación "extrema", fontes da residencia apuntaron que non pensan no "fechamento" e que seguirán atendendo os maiores, nun municipio que destacan que está "moi envellecido". Segundo a empresa, nesta residencia intervida pola Xunta trabállase con dous equipos de profesionais, uns que atenden os positivos e o resto, que se dedica aos non contaxiados, que son 30 dos arredor de 120 residentes. Ademais desde que se detectou o primeiro positivo por Covid-19, contrataron, defende San Rosendo, 14 novos traballadores, "moitos deles voluntarios de Ourense e Lugo", destacaron as mesmas fontes, que sinalan que se acondicionou o centro, situando na primeira planta os usuarios contaxiados e na segunda planta os negativos. Así mesmo, estas mesmas fontes puntualizaron que os maiores confinados non "están graves", á vez que poñen de manifesto que no centro están "a seguirse os protocolos".
NOS_40465
O deputado Luis Bará anunciou esta segunda feira que ten previsto impulsar varias iniciativas parlamentarias para pelexar pola "paralización cautelar" da nova explotación enerxética, que considera moi negativa para un enclave natural a preservar.
Co proxecto para construír un parque eólico na serra do Galiñeiro aínda avanzando, o BNG uniuse a outros colectivos como a plataforma Serra do Galiñeiro para denunciar que esta actuación sería "agresiva e aberrante" para un enclave natural que ten un gran valor. Co obxectivo de paralizar, aínda que sexa de forma "cautelar" o plan para crear esta explotación, haberá unha nova "ofensiva política e social". O primeiro paso será o dado polo deputado Luís Bará, que comentou que vai presentar varias iniciativas no Parlamento galego para pór freo á iniciativa. Aproveitaría ese tempo gañado para "alargar o grao de protección ambiental do Galiñeiro, propoñendo a súa inclusión no Parque Natural do Aloia". Nesa mesma perspectiva de salvagarda coinciden as e os nacionalistas de Vigo, Gondomar e O Porriño, que destacaron que de seguir adiante, a instalación vulneraría normas ambientais e directivas europeas. Bará, que estivo acompañado da súa compañeira na cámara galega Carmela González, lamentou que se estea a dar cabida a un parque que se corresponde cun "modelo produtivista e de espolio" contra o monte. "Sen transparencia" e en contra da veciñanza Ademais, subliñou que tamén é un problema o feito de que se promova "sen participación nin transparencia". O Galiñeiro ten, ademais, o recoñecemento como lugar de "especial valor paisaxístico". O representante do Bloque, de feito, falou da súa flora e fauna, da paisaxe e dos elementos arqueolóxicos e patrimoniais que poderían verse comprometidos. A voceira municipal do grupo en Gondomar, Manuel R. Pumar, asegurou que a oposición veciñal é masiva. "Un parque eólico é incompatíbel cun modelo de monte sustentábel e protexido como o que defende o BNG", remarcou. O seu homólogo en Vigo, Xabier P. Igrexas, asegurou que o partido vai seguir traballando en contra das explotacións de enerxías deste tipo despois de "máis dunha década a plantarlle cara á ameaza eólica no Galiñeiro por ser unha agresión inxustificábel a unha peza emblemática do noso medio natural".
PRAZA_14578
Cre que nas declaracións do ex presdiente do Consello Xeral da Cidadanía Española pode existir un delito de "provocación á violencia contra as mulleres" e pide a Feijóo e Fátima Báñez que "se desculpen publicamente polo seu nomeamento".
A secretaria de Igualdade do PSOE, Purificación Causapié, vén de presentar unha denuncia ante a Fiscalía Xeral do Estado para que investigue as declaracións do que xa é ex presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, José Manuel Castelao Bragaña polas declaracións nas que afirmou que "as leis son como as mulleres, están para violalas". O PSOE compara as palabras de Castelao coas do imán de Fuenxirola, que recomendaba como pegar as mulleres sen deixar marcas Os socialistas, tal e como explicou a súa voceira, pensan que nas manifestacións "existe, ou pode existir, un delito de provocación e incitación á violencia contra as mulleres e, en concreto, un delito de provocación á violación". Así, a secretaria de Igualdade comparou as súas declaracións coas do imán de Fuengirola en 2004 e lembrou que foi condenado "por unha acción semellante". Daquela, Mohamed Kamal Mostafa recomendara como pegar as mulleres sen deixar marcas. Para Purificación Casuapié, as palabras de Castelao Bragaña "van en contra do dereito á igualdade recollido no ordenamento xurídico e na Constitución", e aclara que estes delitos están recollidos no artigo 510 do Código Penal. Ademais, destacou o "agravante" de que Castelao Bragaña fixese tales declaracións mentres exercia un cargo público e logo de, "como membro do PP, desempeñar distintas responsabilidades públicas". Os socialistas esixen que Feijóo e Báñez "se desculpen publicamente" e "aclaren por que o nomearon" Do mesmo xeito, a secretaria de Igualdade esixiu, unha vez máis, ao candidato do PP á presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e á ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, que "se desculpen publicamente por este nomeamento, e que expliquen e aclaren por que nomearon a Castelao Bragaña, que tivo esta actuación claramente ofensiva cara ás mulleres". "Esiximos a Báñez e a Feijóo que asuman a súa responsabilidade e digan por que tiveron tanto tempo un colaborador que incita á violencia contra as mulleres", afirmou a dirixente socialista, que cre que o silencio da ministra Báñez "é significativo do que lle importa un feito destas características" e do que lle importa "cando se ofende as mulleres e as leis deste país".
PRAZA_2858
O SLG desmárcase do acordo que si asinaron XXAA e UUAA, que aclaran que non é a solución aos baixos prezos que reciben as explotacións galegas. Mulleres gandeiras maniféstanse en Lugo mentres se manteñen os bloqueos a varias áreas comerciais.
A Interprofesional Láctea (Inlac) aprobou este mércores o contrato homologado entre gandeiros e industria para o subministro do leite. O colectivo que agrupa representantes de produtores, industrias e cooperativas deu o visto e prace ao acordo co apoio de Asaja -que en Galicia representa Xóvenes Agricultores-, UPA (Unións Agrarias), Cooperativas Agroalimentarias e a parte transformadora, Fenil (Federación Nacional de Industrias Lácteas). Non o asinou COAG, onde se inclúe o SLG, que o rexeita fronte aos que tampouco o ven como unha solución definitiva aos baixos prezos pero que creen que é positivo para avanzar. O SLG rexeita asinar o modelo de contrato homologado e o resto de sindicatos fírmano pero adviten que non é a solución O contrato homologado será publicado axiña polo BOE e pretende ofrecer un marco estable aos gandeiros para definir con clareza as relacións contractuais entre explotacións e industria. Inclúe cláusulas sobre duración do acordo, volume de leite a entregar cunha marxe de variación do 10% ou a fixación dun prezo baseado en diferentes referencias, ademais das condicións de pagamento, a calidade e trazabilidade do leite ou os termos das prórrogas, modificacións ou renovacións do asinado. Unións Agrarias (UUAA) apostou pola sinatura do acordo, pero co obxectivo de avanzar no "substancial", que é o prezo do leite, un problema que non resolverá este contrato homologado. "O importante é negociar o importe que reciben os gandeiros e o volume de leite a entregar; démoslle para adiante para centrarnos no importante", resumiu o seu secretario xeral, Roberto García, que lembra que só se aprobou un modelo de contrato que non resolverá a persistencia de prezos ruinosos. Porque non se contempla a figura dun mediador nin que afecte aos primeiros compradores. UUAA e XXAA aclaran que a ausencia dun mediador impide que o modelo pactado supoña un arranxo Para UUAA e XXAA o contrato supón un avance porque é mellor ter un modelo para todos que varios e variados, pero desde unha e outra organización insístese en que isto non ten nada que ver coas reivindicacións do sector por unha suba do prezo que se lle paga aos gandeiros. SLG, pola súa banda, desmarcouse do apoio a este contrato homologado e lembra que "o prezo poderá seguir sendo imposto unilateralmente polas industrias, tal e como acontece agora". Porque o modelo non contempla referencia ningunha nin índice a partir do que se constitúe ese importe. "Serían sendo as industrias as que o impoñan", aclara Isabel Vilalba, secretaria xeral do sindicato. Ademais, o SLG advirte de que "non haberá un leite tipo nin baremos obxectivos para fixar os parámetros e calidades do produto" e avisa dun modelo de contrato que consolida "que as industrias podan esixir as calidades que consideren, de maneira que as granxas estarán aínda máis sometidas ao seu arbitrio". "As industrias poderán deixar de recollerlles o leite cando queiran coa escusa das calidades que elas marquen unilateralmente", insiste. "O prezo poderá seguir sendo imposto unilateralmente polas industrias", advirte o SLG Ao tempo, denuncian que os gandeiros "deberán asumir funcións que asumía a Administración", como no caso das comunicacións dun cambio na cualificaicón sanitaria das explotacións, e que "poderá seguir habendo contratos inferiores a un ano". "Aínda que se propón a duración de un ano para o novo contrato, está aberto á posibilidade de que os períodos contractuais poidan ser modificados polas partes. É dicir, que a industria poderá seguir obrigando a asinar contratos dunha duración menor", remata o SLG, que tamén bota en falta un sistema de mediación específico para os contratos do leite. "Con este contrato, non existe negociación pois o modus operandi da industria é: ou asinas este contrato ou non che recollo o leite", insiste o SLG, que cre que a intención inicial dun contrato-tipo que fixase unha referencia para industrias e granxas "vese traizoada" por un modelo "que intentan vender en plena campaña electoral" e que "empeora nalgúns aspectos a posición dos gandeiros nas relacións contractuais do sector". Pola súa banda, a directora xeral de Gandería defendeu o acordo e fixo un chamamento ao SLG para que se una á posta en marcha dun contrato homologado polo ben, afirma, dos gandeiros. As mobilizacións continúan Mentres, as mobilizacións dos gandeiros continúan. Na Coruña e na súa área metropolitana, uns 300 gandeiros e 200 tractores manteñen os bloqueos en varias áreas comerciais e espallarán as protestas a outras localidades limítrofes coa capital provincial, ademais de xuntar máis produtores ás súas manifestacións. En Vilalba, Sarria, Monforte ou Lalín tamén se manteñen os vehículos agrarios, convocados pola Plataforma na Defensa do Sector Lácteo Galego. Mulleres gandeiras maniféstanse en Lugo mentres a Plataforma mantén o bloqueo de varias áreas comerciais En Lalín, segundo conta a Revista Afriga, os gandeiros negociaron con Eroski e acordaron desbloquear a zona de carga e descarga e a gasolineira da empresa de distribución, que se comprometeu a promocionar o cartón de leite Campobuena Galega 100%, así como indicar a procedencia do leite nos seus envases. Ao tempo, en Lugo, o colectivo Agromuralla organizou neste xoves unha manifestación de gandeiras, que percorreron varias rúas da cidade lucense ata acabar na sede da Xunta para reclamar prezos xustos. "Somos gandeiras... por pouco tempo", puido lerse na pancarta.
NOS_9127
Miles de persoas anegaron a zona vella da capital galega na mobilización convocada polo Bloque Nacionalista Galego baixo o lema "Galiza, un novo impulso. Soberanía, Traballo, Democracia". A choiva non desanimou a asistencia á cita. Entre paraugas, bandeiras, faixas e impermeábeis, xentes chegadas de todas as partes confluían na constancia na defensa da Nación galega. "Algo novo está nacendo, algo grande. Empezamos unha nova etapa para o nacionalismo coa vontade clara de liderar Galiza", dixo Ana Pontón fronte a unha Praza da Quintana a rebordar.
"Aínda que chove o nacionalismo non encolle e menos o Día da Patria Galega". A afirmación da deputada Olalla Rodil desde o palco a medida que ían entrando na Praza da Quintana as miles de persoas que tomaban parte na manifestación do BNG foi certa. Por volta de 20.000 persoas, segundo fontes da organización, tomaron parte na manifestación do 25 de Xullo deste ano. Unha cifra, dixeron, "histórica" e que desde a fronte complementan con dados doutros 'termómetros' para medir asistencia: Fretáronse máis autobuses que nunca desde as comarcas con destino a esta manifestación en Compostela, e houbo récord en reservas para xantar nos espazos dispostos pola organización. A chuvia, en forma de poalla, babuxa, miluvia ou orballo –que son só algunhas das moitas denominacións no país para a choiva miúda– fixo acto de presenza en Compostela desde primeira hora ("Chove en Santiago / meu doce amor", escribira Lorca en galego). Mais nin diminuíu afluencia nin diminuíu o ánimo das miles de asistentes. Iso si, e foi algo moi comentado, provocou que a manifestación saíse case puntual e transcorrese a un ritmo máis rápido que o normal: ás 12:30 horas xa entrara a cabeceira da manifestación na Quintana. Fretáronse máis autobuses ca nunca desde as comarcas con destino a esta manifestación en Compostela, e houbo récord en reservas para xantar nos espazos dispostos pola organización Música, festa e compromiso O tronar dos bombos e gaitas do Baixo Miño abriron a manifestación, que arrancou apenas minutos despois das doce da mañá. "Adiante xa co BNG" e "Galiza ceive, poder popular" foron os primeiros lemas en corearse, nunha dinámica que xa non decaería durante todo o percorrido. Unha longa serpe de paraugas e bandeiras (galegas mais tamén esteladas, ikurriñas, LGTBI, palestinianas, saharauís, cubanas, vermellas....) estirábase polo centro da capital galega. "Galiza nación, autodeterminación", "Avante, en tregua, República galega", "Independencia", consignas que resoaban en rúas, ruelas e prazas. Algún turista mirou con cara de abraio e preguntou con cautela: "Estos que son, independentistas, también aquí?". Pasan as faixas reivindicando o galego, a loita feminista, o dereito á soberanía. E tamén, no Día da Patria Galega, pasan as faixas levadas por traballadoras e traballadoras de subcontratas de R que loitan contra a deslocalización, de operarios e operarias de Alcoa ou Ferroatlántica defendendo a industria electrointensiva, de veciñanza de Touro, de Melide ou de Toques defendendo o territorio fronte proxectos de megaminaría ou eólicos. Pasan as faixas e o berro continúa en centos de gorxas: "Que queiran, que non, Galiza é unha nación!". "Todos os anos desde hai...." Hai parellas, como Miguel e Ana, que veñen da comarca de Vigo "todos os anos desde hai... uf, moitos" (e rin). "É un día especial, para reivindicar que somos un pobo e para atoparte con compatriotas de todos os sitios do país que comparten ese sentir contigo". Hai grupos de amigos e amigas como no que vén Hadriana, "chegamos onte [polo 24 de xullo] para os concertos e quedamos xa para a mani, que para algúns é a primeira vez". Hai familias, hai veteranos das manifestacións do 25X desde a década dos 70, hai novatos que asisten a esta mobilización por primeira vez, hai quen volve após anos de ausencia -puideron verse ex dirixentes de Anova como Iolanda Pérez Docampo (número 2 de Ourense Mellor nas eleccións municipais)- e hai quen vén só "porque teño a parienta enferma e ela non podía vir. Eu case tamén quedo na casa, en Narón, máis díxome: vas ti, polos dous". Hai grupos de amigos e amigas, hai familias, hai veteranos do 25X desde a década dos 70, hai novatos que asisten a esta mobilización por primeira vez e hai quen volve após anos de ausencia Xente chegada á capital da Galiza de Vigo a Ribadeo, de Fisterra a Valdeorras, facendo o camiño para ir do Courel a Compostela "por terras liberadas", como soñaba Uxío Nononeyra. "O pobo ten o poder" "People have the power", de Patti Smith, recibía por megafonía a serpe de paraugas e bandeiras que ía entrando na Quintana. Desde o palco, Olalla Rodil facía de mestra de cerimonias: "Bo Día da Patria a todas!". A parlamentar de Ribeira de Piquín mostrou o seu orgullo polos "miles que estades aquí para defender o dereito do pobo galego a existir e a defender o seu futuro". Saúdas do BNG para a CIG, ASPG, Fruga, Organización de Montes Comunais, Emigrantes retornados (con emotiva lembranza ao recentemente falecido Manolo Domínguez)... Saúdas para as delegacións internacionais: de Occitania, Irlanda, Gales, Euskal Herria, Catalunya, Escocia, Portugal, Canarias, Brasil, Castela, Aragón, Valencia, Mallorca, o Rif... "A solidariedade é a tenrura entre os pobos", lembrou Rodil citando Gioconda Belli. O 'aplausómetro' da Quintana subiu decibelios e tenrura coa mención de Palestina até emocionar o seu representante, Fayed Balawi (FPLP). A praza tamén vibrou co apoio aos presidentes cataláns: "Llibertat presos polítics!". Música tradicional (Néboa no Fiouco) e hip hop de combate (Hugo- de Son da Rúa- e Darío) puxeron desde o palco banda sonora á mobilización. Após o rap dos do Condado tomou a apalabra Paulo Ríos, de Galiza Nova: "A mocidade non somos o futuro, somos o presente deste país", aseverou, para reivindicar a república galega como ferramenta e proxecto que poña fin á situación de "emigración, paro e precariedade" dos mozos e mozas galegas. Continuaba a poallar sobre a Quintana mais a xente non afrouxaba: "Galiza nación, autodeterminación". Tomaba a palabra Ana Pontón e unha nena duns sete anos, bandeira galega pintada na cara, dirixíase á súa nai: "Mira, mamá, vai falar Ana". Unha nova etapa no BNG De histórico. Así cualificou Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, o Día da Patria Galega de 2019. Desde o palco da Quintana, cun discurso en chave de ilusión e optimismo, anunciou que "algo novo está nacendo, algo grande". Referíase a unha nova etapa para o nacionalismo. Unha etapa "coa vontade clara de liderar Galiza" que marcará "un antes e un despois". Pontón reivindica un nacionalismo do "século XXI", un proxecto "aberto ao mundo", un movemento "amplo e plural, con vocación de maioría" Nese novo tempo que a dirixente do BNG reivindicou amosarase, dixo, un nacionalismo do "século XXI", un proxecto "aberto ao mundo, internacional, conectado, un movemento amplo e plural, de progreso, con vocación de maioría". "Somos un BNG novo, cunha nova xeración á fronte, cun proxecto renovado e unha proposta de país modernizadora", salientou a portavoz do Bloque Nacionalista Galego. Pontón, que cualificou o novo tempo do Bloque como o da "ambición política, da alegría, da confianza e de ofrecer aos galegos e galegas un novo proxecto de país", apelou a liderar o cambio político que Galiza necesita. "Fronte á alternancia entre partidos estatais que dan continuidade ao maltrato a Galiza", ofreceu "un novo proxecto de país para a grande maioría". A Galiza con futuro e moderna Nesta liña, a portavoz nacional subliñou a necesidade de dar unha resposta propia e galega ás necesidades da Galiza-entre as que citou o emprego, as infraestruturas ou o financiamento- e aos retos globais -como a transición ecolóxica, o feminismo, a innovación e o coñecemento ou a sociedade da información-. Unha outra "Galiza posíbel" con "capacidade de decisión, que aposta no talento e na innovación, que crea emprego de calidade, que se preocupa por que volvan os mozos e mozas forzados a emigrar". Avogou, así, nunha "Galiza que coida o seu territorio e enfronta o desafío do cambio climático", nunha "Galiza feminista", nunha "Galiza que mira o mundo desde a súa propia identidade". "Esta é a Galiza con futuro e moderna que queremos construír. Unha nación Pontón afirmou na súa intervención que as galegas e galegos "existimos en favor do noso pobo e contra ningún outro, por un mundo mellor desde nós". Fronte a isto sitiou o españolismo, "eles son os que crean fronteiras, os que fechan fronteiras aos que veñen de fóra, os que usan a súa bandeira para excluír". "Hai quen, desde a comodidade do seu Estado recoñecido, fala dunha cidadanía universal, mais se non sabes quen es e de onde vés, estás errante no mundo", advertiu. Foi entón cando apostou en afianzar "a nosa identidade". "Máis Galiza é o que necesitamos". Pontón erixe o BNG como "unha forza política solvente, rigorosa e con proxecto de país, con propostas actuais, modernas e avanzadas, que responden ás necesidades do noso tempo" Entre aplausos, a dirixente do Bloque Nacionalista Galego exixiu o dereito dos pobos a decidiren o seu futuro e reivindicou a formación frontista como "unha forza política solvente, rigorosa e con proxecto de país, con propostas actuais, modernas e avanzadas, que responden ás necesidades do noso tempo". "Traballemos con ambición e con apertura para facer cristalizar o sentimento de identidade que existe no pobo galego. Ese sentimento existe e é maioritario. Concentremos todo o noso traballo e enerxías en que se traduza politicamente", agregou. No discurso houbo espazo para a situación que sofre Galiza no Congreso. Cargou contra as forzas que condenan Galiza "á irrelevancia política". "Vascos, cataláns, canarias, valencianas, até os cántabros ….pelexan polo seu e Galiza están missing na política estatal", denunciou. Responsabilizou PP, PSOE e Podemos por non defender os intereses da nación. "Somos imparábeis". Así concluíu Ana Pontón o seu discurso, antes de dar paso ao "Viva Galiza Ceibe", que resoou entre os muros da Quintana. O Himno Nacional puxo o broche á mobilización "histórica".
NOS_58134
Suspendidos o traslado de doentes e profesionais ao novo complexo hospitalario por risco de infeccións. Retrásase a posta en marcha en diversos servizos.
Suspendido o traslado de doentes e de profesionais ao novo hospital de Vigo, o 'Álvaro Cunqueiro', segundo confirmaron fontes sindicais xa a primeira hora da mañá e confirmaron despois desde o Sergas. O presidente da Xunta de Persoal, Ángel Cameselle, sinalou a EP que souberon da paralización porque "mandos intermedios" estaban avisando ao persoal de que se suspendían os traslados. O xerente dol Complexo Hospitario Universitario de Vigo (Chuvi), Félix Rubial, confirmaba que o traslado de doentes ao 'Álvaro Cunqueiro' tiña que ser "reprogramado" por motivos de "seguridade". Recoñeceu que non está testada a seguridade microbiolóxica do aire de zonas cirúrxicas, medicina intensiva, maternofilialese da UCI, onde apareceron xérmenes. A hipótese é que hai filtracións no ar acondicionado.. Desde a CIG-Saúde afirman nun comunicado que "en días anteriores xa tiñamos denunciado que considerabamos precipitado realizar este traslado antes de facer unha avaliación de riscos, e por esta razón pediamos a paralización do traslado". Problemas Nunha reportaxe de Cristian López que se publica neste semanario nº160 do Sermos Galiza, xa se sinalaba o cumio de problemas e deficiencias que se estaba a dar. "As deficiencias estruturais do complexo evidenciáronse en poucas semanas. Pingueiras e inundacións sorprenderon o persoal e os doentes nos departamento de Admisión e Consultas Externas, así como nos aparcadoiros do Álvaro Cunqueiro, despois da rotura dunha tubaria. Nas mesmas datas, unha doente resultou ferida ao caerlle enriba parte dun falso teito cando estaba nunha sala de espera. Deficiencias que levaron a CIG-Saúde de Vigo a presentar dúas denuncias perante a Inspección de Traballo. O sindicato sinala cinco situacións de risco para persoal e usuarias no novo Hospital de Vigo. Dende falta de ventilación a problemas na protección e seguridade biolóxica, especialmente graves na zona do laboratorio. "A maioría das situacións de risco teñen que ver con problemas no deseño estrutural, no que non se tiveron en conta as opinións das e dos profesionais, e agora precisan de obras para a súa corrección".

Dataset Card for summarization_gl

summarization_gl is a dataset in Galician language that contains automatically extracted summaries and their corresponding texts from the following Galician websites: Nós Diario, Qué pasa na costa and Praza pública. It has a total of 80.829 items. Each item contains an id, a summary and its corresponding text, see below for more details.

  • Curated by: Proxecto Nós
  • Language(s) (NLP): Galician
  • License: CC BY 4.0

Uses

This dataset can be used for fine-tunning, instruction and evaluation of the summarization task in text models.

Dataset Structure

The dataset is comprised of three JSONL files, one for each split (train/test/validation). The data in each split has been shuffled.

  • Train: 56.600 items
  • Test: 16.200 items
  • Validation: 8.080 items

Data Fields

  • id: str. Contains the ID of the summary/text. It indicates the news website from where the summary/text was extracted and its ID number.
  • summary: str. Contains the summary of the news article.
  • text: str. Contains the full news article.

Example:

{
'ID': 'NOS_58435',
'summary': 'O artista coruñés Pepe Galán leva desde os anos 70 vinculado o mundo da arte galega. Recoñecido popularmente polas súas esculturas e intervencións, cando se lle pregunta, prefire ser considerado como un "artista multidisciplinar" máis que cinguirse a unha única etiqueta como a de "pintor" ou "escultor".',
'text': 'Indo polas rúas da casa ao taller e do taller á casa, desprázome co ritmo de liturxia aprendida sobre o empedrado e o formigón... onde case sempre atopo algún dato, algunha novidade... Chega a ser unha relación familiar coa veciñanza e a cidade. Pola mañá gozo da paisaxe urbana mais non podo evitar ser crítico co deseño do espazo común. E cativo, e non educa. Con pouco pódese facer a vida diaria da cidadanía mais agradábel, que menos! Un carballo, un bidueiro… Vou ollando mentres os meus pasos me levan polo centro da calzada para ter boa perspectiva, ou pola beirarrúa onde sei das peores pingueiras. Reparo na pegada impresa no chan dunha folla de carballo, que é unha paisaxe en si mesma, ou na sombra retallada das arbores espidas nas paredes. Observo e controlo como van as obras na vía pública. En cada xornada miro con esperanza de ver algún signo que me faga pensar, aí vai un carballo, un bidueiro… Normalmente o resultado é desilusiónante. Penso que as autoridades do ramo, teñen alerxia á vexetación… De volta poño o automático e a cabeza vai ao seu, constrúe e modifica as esculturas nun virtual 3D. Son esas a medio facer que fican baixo chave, durmindo na soidade do obradoiro, inmóbiles, ou iso creo… As veces penso nas pezas soas dunha sala de exposicións coma mortos nun tanatorio… Deberían ter a luz acesa, ser visitadas de noite… precisan ser observadas. Boto un ollo polo burato Hai pouco, en Monte Alto, o barrio en que nacín (como o tango), de súpeto, atopei un anaco de espazo-tempo da miña infancia. Boto un ollo polo burato que deixou una pedra no cristal, ipso facto teletransporteime a segunda metade dos 60.Si, alí estaba eu, debuxando con Xaime e Gilberto nunha mesa grande para tres. Non era a miña clase habitual, mais foi como un 'apartheid positivo', seguramente por ser malos estudantes (polo menos eu) ou para facer prácticas de debuxo (dábasenos ben) con motivo dalgún exame. Gilberto e mais eu estudabamos no Centro, non así Xaime, que chegou por sorpresa, posibelmente collido por unha orella. E tal como veu, así se foi... Aquel apartheid durou nada, logo cadaquen ao seu… Un dos profesores, o que nos confinou, chamábase Don Pedro, que algunha vez, por baixa, fora substituído por unha moza chamada Ánxeles Penas. O colexio era un tanto peculiar para un barrio obreiro, boas instalacións con certa modernidade. No recreo dábannos unha garrafiña de leite Leyma (plus alimenticio ao estilo da época). Nunca vira ese tamaño cativo e ,certamente, a media mañá, prestaba… Un gran templo no máis alto de Monte Alto Don José mandaba! A Caixa de Aforros era quen subvencionaba a escola… Porqué este apoio social? O párroco Don José era conselleiro desa entidade. Co tempo chegou a construír un gran templo no máis alto de Monte Alto. Don José mandaba! Como senón ía vir confirmar o Cardeal Quiroga Palacios nesta igrexa de barrio situada preto da Torre de Hércules? Anos máis tarde chegou Don José, como cliente que era, á xastrería da miña familia e sen moito rodeo propúxome facer un mural. Na miña cabeza xa estaba instalada a abstracción pictórica… Pero falando de ti a ti co párroco, permitinme rexeitar a oferta, púxenme farruco, entrando nunha conversa na que con certa vehemencia, cuestionaba a relixión que el representaba e a idea preconcibida que eu tiña dun mural relixioso… Hoxe non a rexeitaría sen reflexionar, porque todo é interpretábel desde a perspectiva artística… Xa se sabe: "xente nova e leña verde todo e fume". O Santuario de Aránzazu, é un excelente exemplo do que falo. O cura obreiro Hai poucos anos a través dun amigo arquitecto, souben que ao párroco lle chamaban "o cura obreiro". Por que?, preguntei. Porque era quen de arremangarse e botar unha man na construción do novo templo de barrio. Con Xaime Cabanas, grande artista plástico, compartín moitas historias, xa non fica entre nós. A Gilberto non volvín a velo. Don Pedro finou hai anos. Con Ánxeles Penas, magnífica poeta e artista plástica en activo, comparto amizade e admiración polo seu saber.'
}
Downloads last month
202
Edit dataset card

Collection including proxectonos/summarization_gl